Favorecer o lanzamento de carreiras musicais nos seus comezos e apoiar a consolidación das xa activas son os obxectivos dunha nova liña de axudas da Axencia Galega de Industrias Culturais (AGADIC) cuxas bases veñen de publicarse no Diario Oficial de Galicia (DOG) o pasado venres. Con esta liña o sector musical achégase en tratamento por parte da Xunta ao resto das industrias culturais, como o cine, o teatro ou a edición literaria. En total a convocatoria de "subvencións ao fomento e promoción do talento musical" por concorrencia competitiva conta cun orzamento de 120.000 euros a distribuÃr entre dúas modalidades: proxectos de edición para primeiros traballos discográficos ou videográficos e proxectos de consolidación para aqueles artistas que xa teñan debutado anteriormente no mercado. Para os primeiros AGADIC pon a disposición 20.000 euros a repartir entre 10 posibles adxudicatarios que levarán un máximo de 2.000 euros para a edición dun primeiro álbum ou 10 singles/vÃdeosingles. As subvencións á consolidación contarán cos restantes 100.000 euros do orzamento e estarán dirixidas a aquelas empresas de produción fonográfica que presenten proxectos de artistas que xa teñan un primeiro álbum (cun mÃnimo de 30 minutos publicados) ou dez singles-videosingle publicados e non máis de catro álbums ou corenta singles-videosingles. O importe da subvención non superará a cantidade de 10.000 euros e non superará o 50 % do orzamento total do proxecto presentado.
Tanto a presenza feminina nos proxectos a presentar como o uso da lingua galega teñen asignadas puntuacións (3 puntos de máximo cada unha) para a toma en consideración final por parte da comisión de valoración das subvencións na concorrencia competitiva. A ConsellerÃa de Cultura e Turismo, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), encárgase da xestión deste programa de apoio co obxectivo de favorecer tanto o lanzamento como a consolidación de novas carreiras musicais, de xeito que se impulse a profesionalización do sector, a normalización no uso da lingua galega e o enriquecemento cultural a través da música. Entre os criterios de concesión figuran tamén a traxectoria da empresa nos tres anos anteriores, a proposta de difusión e comercialización, a implicación doutras empresas e/ou profesionais galegos ou a calidade do proxecto. O prazo estará aberto ata o 28 de outubro a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.