O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as bases reguladoras da segunda quenda de axudas de para proxectos audiovisuais que leven á captación de rodaxes en territorio galego, encadrado no proxecto Hub audiovisual-industria cultural da Axencia Galega de Industrias Culturais vinculado á xestión dos fondos do programa REACT da Unión Europea. Esta nova convocatoria conta cun crédito total de 2.000.000 de euros, a dividir a partes iguais para as anualidades 2022 e 2023. As actuacións subvencionables con cargo a estas axudas estarán financiadas ao 100 % a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder). Poden ser beneficiarias empresas galegas co obxectivo de realizar proxectos xunto con produtoras, canles de televisión e plataformas de fóra de Galicia. As subvencionadas poderán exercer ben como coprodutoras destes traballos, cunha participación igual ou superior ao 20%, ben como provedoras de servizos de produción, sempre acreditando a realización dun gasto mÃnimo en Galicia fixado en 1 millón de euros para longas cinematográficas de ficción e animación e de 1,5 millóns de euros para as series de ficción. As subvencións concédense por concorrencia non competitiva e poden oscilar en máximos de entre 300.000 e 350.000 euros, tanto para longametraxes como para series, como xa foi o caso da primeira quenda.
Esta fórmula de apoio supón, ademais, unha novidade no panorama audiovisual español ao optar pola concesión directa para a realización de rodaxes no canto de empregar incentivos fiscais. Con esta liña de axudas se pretende aumentar a capacidade competitiva das empresas culturais galegas e incentivar a creación de traballos sustentables que integren a totalidade da cadea de valor desta industria. O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román RodrÃguez, adiantou onte as estimacións de resultados de retorno económico da que foi a primeira quenda de axudas desta liña, que serviu para apoiar catro producións a través do fondo para a atracción rodaxes. Segundo os datos avanzados polo representante polÃtico a partir dun estudo encargado á Universidade de Santiago de Compostela, estas catro producións van xerar un impacto económico total (directo máis indirecto) en Galicia de máis de 15 millóns de euros. Trátase da primeira estimación sobre a filmación na nosa Comunidade da longametraxe '13 Exorcismos', de Bambú Producciones, e das series 'Rapa' e 'Argonautas', de Portocabo, e 'Hasta el cielo', de Vaca Films. O investimento público neste caso se situou en 1,3 millóns de euros. A capacidade de emprego das catro rodaxes, que se sitúa nas 230 contratacións en termos equivalentes anuais, é outro dos datos destacados deste primeiro balance, que Román RodrÃguez avanzou. Este traballo é froito da colaboración entre dous equipos da propia USC: o Grupo de análise e modelización económica (GAME) e o de persoas, organizacións sostibles e márketing (POSMARK), baixo dirección de Melchor Fernández e Jesús Pereira.