A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) ven de publicar hoxe no Diario oficial de Galicia a convocatoria das subvencións para o fomento e profesionalización do talento musical, en concreto para o lanzamento dunha primeira produción fonográfica ou para o apoio á consolidación do artista. A finalidade destas axudas é o impulso aos proxectos de deseño, preprodución, produción, edición e promoción de produtos fonográficos (fonogramas e videoclips) que conteña maioritariamente obra de artistas galegos ou que estean interpretadas por músicos galegos, realizadas por parte de empresas con actividade na Comunidade Autónoma de Galicia. Esta liña de axudas en concorrencia competitiva comezou o pasado ano 2019 e nesta nova convocatoria repite o orzamento anterior dedicando un total de 120.000 euros, repartidos entre dúas categorÃas. Agadic dedicará 20.000 euros a subvencións para o lanzamento dun artista musical coa edición da súa primeira produción fonográfica, dirixidas a aquelas empresas de produción fonográfica que presenten proxectos de artistas que non teñan un primeiro álbum (cun mÃnimo de 30 minutos publicados) ou dez singles-videosingles. O groso da partida (100.000 euros) destÃnase a subvencións a empresas para o apoio á consolidación do artista, dirixidas a aquelas empresas de produción fonográfica que presenten proxectos de artistas que xa teñan un primeiro álbum (cun mÃnimo de 30 minutos publicados) ou dez singles-videosingles publicados e non máis de catro álbums ou corenta singles-videosingles.