As subvencións autonómicas destinadas a apoiar o talento musical veñen de ser convocadas sen variación orzamentaria respecto ás dúas anualidades anteriores. A Axencia Galega de Industrias Culturais (AGADIC) dedicará un ano máis, este é o terceiro que se ofrecen, ata 120.000 euros para a produción fonográfica, fomentando e impulsando o talento musical a través do lanzamento dunha primeira produción fonográfica (Modalidade A) ou para o apoio á consolidación dun artista coa edición das súas producións fonográficas posteriores á primeira (Modalidade B). Entre estas dúas modalidades repartiranse 20.000 e 100.000 euros respectivamente entre este ano e a seguinte convocatoria.
A finalidade das axudas é o impulso aos proxectos de deseño, preprodución, produción, edición e promoción de produtos fonográficos (fonogramas e videoclips) que deba conter maioritariamente obra de artistas galegos ou que estean interpretadas por músicos galegos, realizadas por parte de empresas con actividade na Comunidade Autónoma de Galicia. O importe da subvención no caso de primeiras producións non superará os 2.000 euros e será, como máximo, o do 65 % do orzamento total do proxecto presentado. No caso da modalidade de apoio á consolidación de artistas, as axudas están dirixidas a aquelas empresas de produción fonográfica que presenten proxectos de artistas que xa teñan un primeiro álbum (cun mínimo de 30 minutos publicados) ou dez singles-videosingles publicados e non máis de catro álbums ou corenta singles-videosingles. Neste caso o importe da subvención non superará a cantidade de 10.000 euros e non superará o 65 % do orzamento total do proxecto presentado.
Os gastos subvencionables por esta liña de axudas da Agadic son todos aqueles relacionados coa propia produción dos traballos, as contratacións precisas para a súa gravación, gastos de marketing e publicidade derivados da súa distribución e promoción, contratación de servizos de comunicación, gastos de organización e celebración de actos promocionais incluíndo os custos de aluguer de ata tres salas de concertos así como aqueles relacionados con novas tecnoloxías: utilización de canles de distribución dixitais, adaptación dixital dos contidos musicais; gastos en proxectos que supoñan novas formas de negocio diferentes da comercialización e a distribución de CD e DVD en lugares convencionais e, especialmente, as que utilicen as novas tecnoloxías.