Agadic resolve as axudas a produción fonográfica

Ata 18 proxectos de disco obteñen apoio para a súa edición

| Santiago. Redacción | Seccións: MúsicaPolíticas Culturais
Compartir:

Seis novos proxectos musicais publicarán disco coa axuda autonómica. A Axencia Galega de Industrias Culturais ven de publicar a resolución da convocatoria de subvencións destinadas a apoiar o talento musical que servirán para levara a cabo a publicación ata 18 discos. Estas axudas á produción fonográfica divídense entre os lanzamentos de discos de debut ou aqueles discos para artistas consolidados con obra anterior xa publicada. Neste segundo caso serán 12 os traballos discográficos beneficiarios desta liña de subvencións e que inclúe a artistas como Familia Caamagno, Monoulious Dop ou Dios Ke Te Krew, entre outros. No caso dos discos de debut entre os seis proxectos está o disco en solitario de Berto, integrante do dúo Verto . A convocatoria tiña un orzamento de 120.000 euros que non se esgotou con esta resolución, que reparte un total de 109.675,17 euros entre as dezaoito propostas aprobadas.

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Berto, Familia Caamagno, Axencia Galega das Industrias Culturais