Dezaoito proxectos discográficos galegos contarán co apoio de AGADIC

A Axencia de Industrias Culturais destinou 93.000 a este fin

15/7/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

A Axencia Galega de Industrias Culturais (AGADIC) fixo públicos hoxe os beneficiarios das axudas para a promoción e produción de proxectos discográficos. Discos como os de Xacobe Martínez Antelo, Elodio y los Seres Queridos, Tonhito de Poi, Emilio Rúa ou Lamatumbá, así como as propostas en novos formatos de Sosoaudio ou as iniciativas Manuel Maria (obra musicada) e Desolasons, presentados pola produtora Berrogüeto, son algúns dos 18 proxectos que repartirán 93.000 euros. Canda a estas axudas, a Axencia publicou tamén as súas axudas aos estudios de gravación, 50.000 euros que foron para Casa de Tolos, Zouma, Maré, Sons Galicia e Xacobe Martínez Antelo.

Once xiras internacionais e diferentes accións de promoción recibiron un total de 46.902 euros, mentres a Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM) e a Asociación Galega de Salas de Música ao Vivo repartiron 27.355 euros de axuda ao asociacionismo no sector.

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Emilio Rúa, Maré, Asociación Galega de Salas de Música, Asociación Galega de Empresas Musicais...