Trinta e tres novos valores do noso audiovisual beneficiaranse de parte dos 300.000 euros das axudas que hoxe fai públicas a Axencia Galega de Industrias Culturais. Canda a eles, proxectos para 17 curtametraxes e videoclips repartiranse outros 180.000 euros de axudas. A Axencia mantén aberto ata o 15 de setembro o prazo para se presentar ás axudas para a amortización dos custos de produción de longametraxes cinematográficas, telefilmes e documentais.