Increméntase a contía das axudas automáticas do sector audiovisual

Hoxe sae no DOG a convocatoria para produción e desenvolvemento de contidos interactivos

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

O DOG publica hoxe unha nova liña de axudas para o sector audiovisual. Trátase das axudas á produción e desenvolvemento de contidos interactivos. Canda estas, segundo remite Agadic, mañá sairá publicadas as axudas a amortización dos custos de produción de longametraxes cinematográficas, telefilmes e documentais. Unha liña que incrementa a súa contía nun 30%, pasando de 600.000 a 800.000 euros. Estas subvencións, de concesión automática ata esgotar a contía total reservada, están suxeitas ademais ao marco comunitario aplicable ás axudas destinadas a facilitar o acceso ao financiamento das empresas en situación de crise.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Documentais, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO), Axencia Galega das Industrias Culturais