AGADIC convoca as axudas de produción e desenvolvemento

O sector audiovisual ve reducido en case dous millóns de euros o apoio á produción

16/9/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

O Diario Oficial de Galicia recolle hoxe a convocatoria de cadansúa liña de axudas para a produción e o desenvolvemento de proxectos audiovisuais en lingua galega. No caso das primeiras, distribuiranse 950.000 euros para longametraxes e 150.000 para documentais, o que supón unha reducion de case dous millóns de euros fronte ao pasado ano, cando se distribuíran 2.900.000 euros nesta liña de apoios. Estas subvencións distribuiranse en tres anos, a razón de 150.000 para 2013, 380.000 para 2014 e 570.000 para 2015. Pola súa banda o desenvolvemento de proxectos, que non se convocara en 2012, contará desta volta cunha contía total de 150.000 euros, dos que 50.000 corresponden a 2013 e 100.000 a 2014.

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Documentais, Lingua galega, Axencia Galega das Industrias Culturais