A principal liña de axudas seguirá a ser a de produción audiovisual, cunha contÃa de 1,1 millón de euros repartidas en tres anualidades (150.000 euros para este ano, 380.000 en 2014 e 570.00 euros para 2015). Canda esta, o organismo público Agadic recuperará a liña de axudas a desenvolvemento cun importe de 150.000 euros en dúas anualidades (50.000 para 2013 e 100.000 para 2014). As convocatorias, que se engaden ás axudas a talento xa convocadas en xuño (cun importe de 66.000 euros), sairán publicadas no DOG en setembro. En total, as liñas de axuda suman 1.316.000 euros, cifra inferior á convocada en 2012 que sumou 2.900.000 euros nunha única liña de axudas a produción audiovisual.