As axudas a desenvolvemento de proxectos audiovisuais descenden 300.000 euros

A contía de convocada en 2010 era de 500.000 euros

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Os recortes estaban anunciados e comezan a concretarse. Onte saíron publicadas no DOG as primeiras liñas de axudas ao sector audiovisual. Se a contía para curtametraxes e videclips descendeu 60.000 euros (85.000 era segundo a convocatoria inicial, que fóra recurtada nunha corrección posterior), a de desenvolvemento sofre un recorte maior. Dos 500.000 euros de 2010 pasouse a 200.000 euros na liña que sae hoxe publicada. As axudas a desenvolvemento implica o conxunto de operación previas á preprodución dunha obra audiovisual (desde a adquisición de dereitos, os traballos de investigación, escrita e análise do guión, a selección de membros principais do equipo técnico-artístico, preparación do orzamento estimado de produción e plan financeiro, a procura de socios e coprodutores…) ou a elaboración dun teaser ou piloto.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Guión

Claves

Conceptos