AGADIC falla as axudas para desenvolvemento de proxectos e de contidos interactivos

En total distribúe 800.000 euros entre 36 proxectos

12/8/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Un total de 31 produtoras galegas vanse beneficiar dos 800.000 euros en axudas que publicou onte a Axencia Galega das Industrias Culturais. Do total, 450.000 euros apoiarán o desenvolvemento de 20 proxectos audiovisuais en lingua galega, mentres outros 350.000 están destinados a 16 proxectos de contidos dixitais e interactivos para Internet, videoxogos e outros dispositivos. No campo dos audiovisuais, as longametraxes de ficción concentraron 187.000 euros de axudas para sete proxectos, outros 184.000 apoiarán 6 documentais e 109.000 servirán para facer filmes para televisións

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lingua galega, Internet, Documentais, Axencia Galega das Industrias Culturais