A Axencia Galega das Industrias Culturais daba a coñecer este 13 de setembro a resolución das Subvencións para a produción e coprodución de proxectos audiovisuais, dotadas con 3 millóns de euros. A principal liña de axudas por dotación económica neste ámbito apoiou un total de 21 proxectos, dos cales 11 corresponden á modalidade para longametraxes cinematográficas, dous á de longas en coprodución internacional con participación minoritaria española, seis á de curtametraxes e dúas á de series de televisión e/ou plataforma de vídeo baixo demanda.
Na categoría de longametraxes, "oito dos proxectos reciben apoio na submodalidade de ficción con axudas que se sitúan maioritariamente entre os 260.000 e os 280.000 euros", segundo sinal a Xunta. A comedia Unha cornetada para Lucrecia, de Portocabo TV, con dirección de Jorge Coira e guión de Araceli Gonda; o debut no formato longo de Lucía Estévez cunha proposta ambientada na movida viguesa dos oitenta As defensas; ou o drama Islandia de Alfonso Zarauza, fan parte das seleccionadas, canda a Alumbre, do arxentino Alejandro Telémaco Tarraf; Mil ourelas, de Sebastián Uría; Só o ruído pode salvarnos, de Santos Díaz; Leo&Lou, de Carlos Solano, e Adeus Berta, dirixida por Fernando Tato.
A estes proxectos súmanse tres documentais que recibirán 80.000 euros cada un. Trátase de Golpear a un coloso, dirixido por Marcos Nine, "que aborda o caso Couso e o periplo da familia do camarógrafo ferrolán falecido na guerra de Irak"; A montaña na miña parede, no que "Carla Andrade propón unha viaxe persoal desde o baleiro do Himalaya ata o deserto de Atacama"; e Juliette & Camille, de Indígena Films, con guión e dirección de Paloma Zapata.
No caso das coproducións internacionais, as axudas apoian con 50.000 euros a realización do documental Bandeirantes e con 150.000 euros á longa de animación Chocó e a selva máxica. No campo das series, a coprodución galego-portuguesa Lume, obtivo 260.000 euros de axudas, e outros 240.000 foron para Pensión incompleta, de Voz Audiovisual, no que participarán as televisións autonómicas de Galicia, Euskadi e Cataluña canda á plataforma Amazon.
Finalmente, cofináncianse con cadanseus 15.000 seis curtametraxes. En concreto, trátase dos proxectos de ficción As maos da pulpeira, de Silvia Cachafeiro; Souvenir de Madi Canals, e Garabato, de Alicia Úbeda. No campo da animación reciben apoio Cumi, de David Fidalgo, e O lauro, de Giovanna Lopalco, e finalmente o documental Escala 1:50.000, de Ángel Suances.
Segundo explica a Consellería de Cultura, a metade dos proxectos apoiados contaron en anteriores convocatorias con axudas desta mesma unidade para a escritura do guión e para o desenvolvemento previo das tarefas de preprodución.