'Xenocidio' é escollida como palabra do ano 2025

Rexistráronse 7.200 votos no Portal das Palabras

  • A palabra 'xenocidio' impúxose como palabra do ano no Portal das Palabras promovido pola Real Academia Galega e a Fundación Barrié. O termo impúxose con 2.948 votos dos 7.200 rexistrados, "adiantándose así a voz finalista vinculada a outro fen...

O Museo Etnolóxico de Ribadavia percorre a vida e obra de Chamoso Lamas

A exposición recolle a contribución do historiador á defensa do patrimonio arqueolóxico e histórico

Agadic convoca as axudas á creación escénica para 2026

Manteñen o orzamento de 870.000 euros que este ano apoiou ata 30 espectáculos

  • A convocatoria para axudas á creación escénica publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia non muda as súas condicións e orzamento respecto á anterior, mantendo unha contía total de 870.000 a distribuír en tres anualidades. No reparto por cat...

O Museo dos Naufraxios de Camariñas dá un paso decisivo para a súa creación

Deputación da Coruña e Concello asinan o convenio para a restauración estrutural da antiga lonxa

  • O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e a alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, deron onte un paso en firme para levar a bo fin o proxecto do Museo dos Naufraxios na localidade costeira que leva sobre a mesa varios ano...

Declaran deserto o certame Avilés de Taramancos

Presentáranse dezaseis candidaturas

  • O certame literario de relato de aventuras Avilés de Taramancos que convoca o concello de Noia declarou deserta a edición, ao considerar o xurado por unanimidade que "os orixinais non acadaron os mínimos de calidade literaria que se exise" neste p...

As últimas achegas do Ano Castelao

Un audiolibro que reúne 'Retrincos' e 'Un ollo de vidro' e unha exposición na Coruña sobre a consecucións do Estatuto poñen o colofón a un ano de actividades

  • A piques de rematar o Ano Castelao aínda quedan algunhas propostas que veñen engadir posibilidades de achegamento ao coñecemento da vida e obra do escritor, ilustrados e político rianxeiro. É o caso da exposición titulada 'Camiño ao Estatuto, ...

Agadic axusta á alza as axudas a festivais audiovisuais

Sube o orzamento ata os 310.000 euros e mantén as mesmas condicións de acceso

  • O Diario Oficial de Galicia deste 22 de decembro publica a convocatoria de axudas á realización de festivais de cinema de carácter profesional por parte da Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia. Esta liña ven de incrementar ...

Quiosco: Clara Corbelhe 5

A presentación da entrega coincide coa posta en marcha do Instituto Clara Corbelhe de Estudos Críticos Galegos

  • Este mes de decembro de 2025 chega ás rúas o número 5 da revista Clara Corbelhe . O lanzamento coincide coa transformación da entidade editora, o Espaço Clara Corbelhe, no Instituto Clara Corbelhe de Estudos Críticos Galegos. A nova entidade su...

Novas voces critican as mudanzas na Lei de Patrimonio

A Plataforma de Profesionais da Arqueoloxía a e a Facultade de Historia da USC denuncian a transferencia de competencias aos concellos

  • A transferencia aos concellos de competencias sobre patrimonio cultural que establece a Lei de acompañamento aos orzamentos autonómicos continúa a erguer críticas. Despois do informe que presentou o Consello da Cultura Galega ao respecto, agora s...

Nove autores galegos con obra na Biblioteca Nacional pasan ao dominio público en 2026

A BNE actualiza o seu listado de autores cos dereitos caducados e inclúe a galegos como Xosé Baña, Juan Tizón ou os compositores Enrique Lens e Manuel Prieto

  • Como xa é habitual cada final de ano a Biblioteca Nacional de España fai pública a actualización do listado de autores presentes nos seus arquivos cuxa obra pasa a dominio público ao cumprirse 80 anos do falecemento destes no ano 1945. Nun lista...

Presentan a primeira Bienal de Artes Vivas de Pontevedra

A cita estival alternarase coa recuperada Bienal de Arte e terá no Convento de Santa Clara a súa sede central

  • No vindeiro ano 2026 a primeira edición da Bienal de Artes Vivas de Pontevedra collerá o relevo alterno da Bienal de Arte que volveu iniciarse este ano e cuxa seguinte edición terá lugar en 2027. O Convento de Santa Clara será a sede desta propo...

Unha exposición no MUNCYT explora a relación da Coruña co escravismo

A Coruña: Porto Negreiro pode verse ata o vindeiro 28 de febreiro

  • Este 18 de decembro abre as súas portas no Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía da Cidade Herculina a exposición A Coruña: Porto Negreiro . Segundo sinala a institución, este proxecto "propón unha revisión crítica da memoria colonial da cid...

A RAG analiza as toponimias de Zas, Padrón e Pontecesures

O web da Academia ten dispoñibles dous novos volumes da colección Terra Nomeada

  • A colección Terra Nomeada , coa que a Real Academia Galega (RAG) explica e dá a coñecer os significados de topónimos de todo o país, conta xa con dous novos volumes. O web da entidade ten dispoñibles para descarga Toponimia de Zas , realizado p...

Os Premios Gran de Area galardoan 12 proxectos arquitectónicos de Pontevedra e Ourense

Os recoñecementos do Colexio de Arquitectos recibiron 60 propostas a concurso

  • As delegacións de Pontevedra, Ourense en Vigo do Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG) daban a coñecer este 16 de decembro a resolución dos premios Gran de Area, cos que recoñecen "o traballo de arquitectos, promotores, aparelladores, construt...

'Sirât' pode aspirar a cinco premios Óscar

Oliver Laxe inaugura hoxe unha instalación artística no Museo Reina Sofía que parte da película

  • O calendario cinematográfico dos premios Óscar da poderosa industria cinematográfica estadounidense tiña marcado este 16 de decembro para dar a coñecer as "listas curtas" de precandidaturas aos galardóns nas diversas categorías. Os ollos estab...

Felipe Arias ingresa na RAG como membro correspondente

O plenario da entidade aprobou a incorporación do historiador, arqueólogo e museólogo

  • A Real Academia Galega acordaba no seu plenario deste 12 de decembro a incorporación de Felipe Arias como membro correspondente da entidade. O historiador, arqueólogo e museólogo, que dirixiu o Museo Provincial de Lugo e o Museo do Castro de Vilad...

Xogalego repasa a produción de videoxogos na nosa lingua

O proxecto de Recuncho Gamer conta con 90 referencias no momento do seu lanzamento

  • O proxecto Recuncho Gamer acaba de facer público Xogalego, un catálogo que recolle os videoxogos realizados na nosa lingua. A iniciativa, que arrinca con noventa referencias, prevé se ampliar e chegar en breve a unhas duascentas. Segundo explica a...

A Sala Malatesta de Santiago pecha definitivamente

O espazo cultural que antes collera a Sala NASA apunta ao Concello como responsable por unha "persecución"

  • Santiago de Compostela perde un dos seus espazos culturais de referencia na que era a súa segunda oportunidade. Tras albergar desde 1992 e ata 2011 unha parte importante da actividade cultural máis alternativa de Galicia, sendo espazo de residencia...

Os XVIII premios Barbantia recoñecen a Antonio Pérez e a Manuel Olveira

A asociación que os convoca tamén galardoou o Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal

  • A Casa da Cultura do Porto do Son acollía este 13 de decembro o acto de entrega dos Premios da Cultura Barbantia. Os recoñecementos anuais da Asociación Barbantia recoñeceron o pintor Antonio Pérez na categoría á traxectoria cultural da comarc...

O MARCO inaugura unha mostra de fondos propios

O museo quere impulsar a súa función de creador de colección contemporánea

  • O MARCO de Vigo inaugura hoxe unha exposición de fondos propios da súa colección, a segunda nun ano. Segundo explica Miguel Ángel fernández-Cid, director da entidade no texto que acompaña á presentación desta mostra "Durante anos, do MARCO, M...