Unha exposición no MUNCYT explora a relación da Coruña co escravismo

A Coruña: Porto Negreiro pode verse ata o vindeiro 28 de febreiro

| Santiago. Redacción | Seccións: HistoriaExposicións
Compartir:
Gravado con paisaxe da Coruña. Fonte: MUNCYT

Gravado con paisaxe da Coruña. Fonte: MUNCYT

Este 18 de decembro abre as súas portas no Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía da Cidade Herculina a exposición A Coruña: Porto Negreiro. Segundo sinala a institución, este proxecto "propón unha revisión crítica da memoria colonial da cidade e o papel que xogou o seu porto no tráfico transatlántico de persoas escravizadas".

Ata o 28 de febreiro está aberta a mostra, que fai parte do proxecto A Coruña entre memorias: historia, colonialismo e identidade. Na mesma, a través de documentos, imaxes e voces diversas, póñense de relevo as conexións "entre o progreso e a violencia, así como as rutas, as fortunas e os silencios que sostiveron o comercio de escravos durante os séculos XVIII e XIX". Os vestixios desta actividade na arquitectura, a economía e a paisaxe urbana convidan a reflexionar sobre como estes legados seguen a configurar o presente. En diálogo coas migracións contemporáneas e as desigualdades históricas, a exposición propón repensar a relación entre o pasado colonial, a identidade e a xustiza social. Zinthia Álvarez Palomino e Cristina Botana Iglesias correron coa coordinación desta iniciativa.

Que che parece esta nova?
229 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña, Tecnoloxía, Ciencia, Cidade Herculina...