Pecha na Coruña a libraría Lume

O establecemento leva aberto case cincuenta anos

| Santiago. Redacción | Seccións: LiteraturaSociedade
Compartir:
 Foto: Facebook Librería Lume

Foto: Facebook Librería Lume

O vindeiro martes, 17 de setembro, a Libraría Lume da Coruña pechará as súas portas tras case cincuenta anos de actividade. Así o comunicaron os seus responsables por correo electrónico cos seus clientes e a través das súas redes sociais. Os medios de comunicación locais fixéronse eco inmediatamente desta mala nova, sobre un negocio que leva 48 anos vencellado á vida cultural da cidade herculina. A libraría abriu as súas portas en decembro de 1975, no momento de fervor cultural da Transición e foi grazas a unha iniciativa apoiada por un colectivo de persoas da cidade que formaron para iso unha sociedade, segundo explica hoxe o xornal El Ideal gallego. No ano 1988 paso a mans dos dous empregados que tiña, Luis Martínez e Dolores Porto, pasando posteriormente á filla dela, Paula veira que é quen hoxe anuncia o peche definitivo. O local foi punto de encontro da cultura na cidade e unha referencia para máis de unha xeración de coruñeses.

Que che parece esta nova?
85 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña, Medios de comunicación, Cidade Herculina