En 1872 nacÃa PÃo Baroja, fundábase o Museo Metropolitano de Arte de Nova York, Marx e Bakunin pelexaban, morrÃan Morse, Juárez e Juana de Vega, xogábase no Reino Unido o primeiro campionato de fútbol e, baixo os soportais da Rúa do Vilar de Compostela, abrÃa as súas portas a librarÃa GalÃ. Cento trinta e catro anos despois, coincidindo co final do mes de marzo de 2006, o establecemento pecha as súas portas, logo de xogar un destacado papel na historia cultural da cidade e de Galicia.
Foi pouco despois de comezar o último terzo do século XIX cando o catalán José Galà Camps puña a andar o seu negocio nun baixo situado no corazón do casco histórico compostelán. Galà decidiu vender libros desde os soportais da Rúa do Vilar. Desde aquela, este pequeno recanto foise constituÃndo en parte da paisaxe urbana e cultural da cidade. "Segundo lembra a xente maior, antes facÃanse tertulias culturais aquÃ", explica Fernando GarcÃa, actual responsable do negocio. Na época da Xeración Nós "participaban os intelectuais da época, que se reunÃan polas tardes no fondo do local". O negocio funcionaba daquela "un pouco coma un ultramarinos nunha aldea", sinala GarcÃa. Hai que pensar que daquela eran poucas as librarÃas que habÃa na cidade, "vendÃanse libros para a universidade, literatura de todo tipo, xornais, material de papelarÃa, un pouco de todo".
A librarÃa e a casa
Non se pode esquecer, ao falar de GalÃ, a estreita relación que ten este establecemento coa célebre novela de Alejandro Pérez LugÃn, "La casa de la Troya", que se publicou por primeira vez en Madrid en 1915. No seu retrato da Compostela de comezos do século XX, o autor menta en tres ocasións a librarÃa e mais o seu fundador, que define como "un catalán moi falador". Segundo LugÃn, o protagonista da novela adquirÃa en Galà "todas as madriñelerÃas que chegaban á tenda na forma de novelas, periódicos satÃricos e taurinos, romances de chulerÃa e outras manifestacións, máis ou menos literarias, de análoga Ãndole", entre as que se encontraban, por exemplo, retratos das máis famosas tiples do momento. A partir de 1939 os vencellos da librarÃa coa obra estréitanse cando este negocio faise cos dereitos da edición desta novela. Desde aquela sexaxésimo terceira edición ata aÃnda a comezos dos anos oitenta, foron os sucesivos herdeiros do negocio os responsables da edición desta obra. AÃnda en 2003 os herdeiros de José Galà Camps eran noticia por cederen ao Centro Galego de Artes da Imaxe o filme orixinal de "La Casa de la Troya" para a súa restauración.
Outras edicións
Canda a este vencello, Galà mantense como un nome fortemente asociado á cultura galega. Ademais do libro de LugÃn, desde esta firma editáronse libros coma "Cantares Gallegos", "Follas Novas" ou "En las orillas del Sar" de RosalÃa, a "Cocina práctica por Picadillo" ou libros de Currito de la Cruz. "Foron un feixe de autores que se publicaron, os libros enviábanse a diferentes imprentas", sinala GarcÃa. Esta función aÃnda se mantivo ata hai moi pouco tempo, e aÃnda podemos encontrar edicións de comezos dos anos oitenta destes tÃtulos, que ata hai nada ocupaban un lugar de honra nos expositores do local.
Lembranzas literarias
Autores de renome como Suso de Toro teñen recoñecido publicamente a importancia que tivo nos anos sesenta esta librarÃa na difusión da cultura galega en Compostela. "Aà aprendÃn o que non me ensinaban na escola: que habÃa unha literatura galega", explicaba o escritor no V Congreso de Editores, que se celebrou nesta cidade en 2004. Tamén Ramón Lourenzo lembraba no seu discurso de entrada na Real Academia este establecemento, ao que cita, curiosamente, como o lugar ao que a súa profesora de literatura devolvÃa unha edición de "La Celestina" por a considerar pecaminosa.
Outro xeito de librarÃa
Galà conserva, aÃnda nos seus últimos dÃas o mesmo aspecto que no dÃa da súa apertura, unha caracterÃstica que fixo dela a librarÃa en activo e sen reformar máis antiga do Estado. "Segue todo igual, non se lle pode tocar ao mostrador nin ao andeis nin se pode arranxar o local", explica o actual xerente do negocio, que sinala que son as ordenanzas de protección do patrimonio as que permitiron conservar o local. Xa na disposición do mobiliario se advirten grandes diferenzas coas librarÃas actuais. Ademais do escaparate do propio local, dous pequenos expositores fixados nas columnas enfronte da entrada permitÃan ao paseante coñecer as novas bibliográficas. No interior do establecemento, sorprende o escaso espazo que ten o cliente para ollar os libros. Máis das tres cuartas partes da librarÃa quedan detrás do señorial mostrador de madeira que divide o baixo, ficando inaccesibles para o público. "Un mostrador é case unha barreira para o público, agora quitando un espazo pequeno para cobrar e envolver, as librarÃas case non teñen", explica GarcÃa. Ademais, fixándose un pouco, pódese comprobar que a media ducia de andeis que están da banda do público conservan restos de portas e de persianas metálicas, o que habÃa de dificultar aÃnda máis o acceso dos visitantes. Fálanos isto dun tempo no que o protagonismo do libreiro no establecemento era superior ao actual, segundo recoñece o propio encargado.
Evolucións
Co tempo a librarÃa perdeu a súa importancia de outrora ao incrementarse o número de establecementos deste tipo na cidade. A pesar disto, continuou coa súa condición de clásico recibindo visitas ilustres ao longo dos anos, "Por aquà teñen pasado alcaldes, presidentes da Xunta, famosos..." lembra GarcÃa. Canda a eles, non foron poucos os afeccionados a "La Casa de la Troya" que buscaban na rúa do Vilar este anaco de literatura viva. Agora, esta historia remata. "Os donos non me teñen comentado nada sobre se teñen ofertas para empregar o local", sinala GarcÃa, deixando aberta a posibilidade de que alguén, no futuro, sexa quen de retomar o negocio. AÃnda que pola súa banda o feche é definitivo, o final da librarÃa fica, en certo xeito, aberto: o actual xerente non se atreve a dar unha data definitiva para botar a reixa por última vez. "Vai ser a finais de mes, pode ser o vinte e cinco, o trinta... xa se irá vendo".