Unha exposición repasa o potencial coruñés no cinema animado

Olladas da animación coruñesa pode verse na Casa Museo Picasso ata o 16 de febreiro

| Santiago. Redacción | Seccións: ArteExposicións
Compartir:
Unha exposición repasa o potencial coruñés no cinema animado

O colectivo Coruña Gráfica, en colaboración co Festival Animacción abría este 16 de decembro a exposición Olladas da animación coruñesa. Situada na Casa Museo Picasso da Cidade Herculina, a mostra fai un percorrido polos nomes coruñeses vencellados á esta arte e pode visitarse ata o vindeiro 16 de febreiro.

Laura Blanco e Juan Carlos Pena, Urban Breznik, Iria Cabrera, Marcos Calo, Fernando Cortizo, Manel Cráneo, Virginia Curiá e Tomás Conde (Algarabía), José Domingo, David Fidalgo, Gael Lendoiro, Dani Montero, Jorge Peral, Miguelanxo Prado, Martín Romero, David Saborido, Alberto Taracido e Luis Yang son os nomes que compoñen a selección dos traballos expostos.

Na mostra repásanse disciplinas variadas neste campo audiovisual como son o stop motion, a animación 2D e a 3D, a recoller traballos de dirección artística realizados para diferentes tipos de producións, desde videoclips ata longametraxes, a pasar por videoxogos e apps.

Que che parece esta nova?
92 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Animación, Picasso, Cine, Cidade Herculina...