Ti estás aquí > Inicio / música en galego
Música en galego
Os Cempés reúnen en tempo récord 5.000 euros para o seu vindeiro disco
Xénero:
| 8 / 11 / 2011En só catro días desde que comezou a recadación de achegas para que Os Cempés graven o seu novo disco, o grupo colleitou xa 5.420 dos 5.500 euros que precisan. En total foron 122 os doadores que fixeron ata o momento a súa contribución ao proxecto a través do web Verkami, especializado no financiamento de proxectos mediante este sistema.
Un vento que zoa na música galega
Xénero:
| 2 / 11 / 2011Hoxe pola mañá o Consello da Cultura Galega presentou Vento que zoa, un web que servirá de base para as iniciativas de difusión da música galega entre todos os públicos. Segundo afirman Maximino Zumalave e Sergio Sieiro, este será o punto de partida a partir do cal a Sección de Música do CCG quere levar o coñecemento da música clásica galega a públicos moi amplos, a partir de Internet. Nestes momentos, Vento que zoa permite escoitar e ver o traballo de seis compositores galegos clásicos, consagrados e emerxentes. Un novo xeito de coñecer a música do país.
Najla Shami e Héctor Lorenzo lanzan Haikus
Xénero:
| 2 / 11 / 2011Lobalú é o nome do proxecto da cantante Najla Shami e mais o guitarrista Héctor Lorenzo. Os dous músicos presentan hoxe Haikus, o seu primeiro disco, cun concerto ás 21 horas no Salón Teatro de Compostela, no marco do ciclo ST Música Presente. Influencias de música galega, brasileira e jazz mestúranse nunha iniciativa que percorre as estacións do ano con tres temas para cada unha delas. O proxecto, que sae baixo o selo Inquedanzas Sonoras, conta con colaboracións coma as de Guillerme Fernández, Quim Farinha ou Sérgio Tannus entre outros. Parte do disco está dispoñible no MySpace do grupo e pódese escoitar íntegro en Spotify.
Víctor Aneiros presenta o seu DVD ao vivo
Xénero:
| 26 / 10 / 2011O concerto que deu Víctor Aneiros o 27 de novembro de 2010 no Teatro Jofre de Ferrol no marco do ciclo Out Jazz, ve a luz agora na forma dun DVD. O músico de blues ten xa á venda Víctor Aneiros ao vivo, unha obra na que se poden escoitar doce temas incluíndo cancións como Na barra, Axúdame ou Sombras de Compostela e que conta con colaboracións coma as de José e Roberto Somoza, Mauro Sanchís ou a voz de Julie Guravich. Os vindeiros concertos que ten previstos o bluesman son o 1 de decembro no Pazo da Cultura de Narón e o 10 do mesmo mes no Teatro Principal de Ourense.
Mamá Cabra lanza Xa me tardan estes Magos
Xénero:
| 25 / 10 / 2011A seguir co formato de libro-disco que xa empregaran en Ola, ola, la!, Mamá Cabra recunca coa editorial Galaxia e presenta Xa me tardan estes magos. A obra, que conta con ilustración de Kristina Sabaite recolle composicións sobre textos de Antón Cortizas, Gloria Sánchez, Antonio García Teijeiro e Gloria M. Roel, vocalista do grupo. A ambientación de Nadal e as panxoliñas predominan na obra, pensada para o esas festas, con temas como Tres Reis en Bicicleta, que se pode escoitar de balde no web da editora.
Malvela presenta Raianas, o seu disco ao vivo
Xénero:
| 21 / 10 / 2011O Museo do Pobo Galego acollía esta mañá a presentación de Raianas o disco que Malvela gravou o pasado 31 de maio no Auditorio de Mos. Na presentación, Uxía Senlle, impulsora deste proxecto, sinalou que a obra presenta un repertorio da música tradicional galega e portuguesa, recuperando temas habituais do grupo canda a cancnións populares do Alén Miño e temas de composición propia. Entre eles, lembrou unha canción de homenaxe ao falecido Xosé Méndez Morgan, membro dos Estalotes e do Orfeón Treixadura que foi lembrado repetidamente ao longo do acto.
Zurrumalla lanza O que había... e o que hai
Xénero:
| 20 / 10 / 2011A música tradicional e festeira que caracteriza o son de Zurrumalla pódese escoitar agora en O que había... e o que hai, o duplo disco que o grupo acaba de autoeditar. O álbum conta nada menos que con 25 temas, boa parte dos cales fan parte do xa tradicional repertorio do grupo, nado no ano 2000. Canda a estes, a formación achega unha selección de novos temas de composición propia, entre eles Presentación triolirada, unha curiosa regueifa que presenta o segundo CD e o proceso produción do álbum. A obra está dispoñible en tendas e tamén se pode escoita mediante Spotify
A Orixe Cero de Xan Campos Trío
Xénero: AUDIO
| 3 / 10 / 2011 +Unha das voces máis orixinais do jazz galego estrea formación no estudio. O pianista Xan Campos gravou, canda a Horario García no contrabaixo e Iago Fernández na Batería Orixe Cero (Free Code Jazz Rercords), un disco no que os ritmos do jazz mestúranse con influencia de rock, o pop ou o folk. A obra está dispoñible para ouvir e descargar desde a rede, baixo licenza Creative Commons.
Terbutalina lanza Broncodilatador, o seu segundo disco
Xénero: AUDIO
| 8 / 9 / 2011 +Unha dose de vinte minutos de gastropunk, esta é a proposta que fai o grupo Terbutalina co seu novo LP Broncodilatador. Con temas como Helipuerto, Cartos, R.A.J.O.Y. ou Cheiras ao bravo, o grupo afonda na liña que abriran con Live en Catoira, o seu primeiro disco. O álbum está dispoñible de balde nas plataformas Bandcamp, O Toxo rabudo e Komunikando, e presentarase publicamente cun concerto na Sala Moon de Compostela o vindeiro 15 de setembro. Na cita estarán tamén presentes Desequilibrio Mental e Familia Caamagno.
Pablo Devigo repite como gañador do premio Constantino Bellón
Xénero:
| 1 / 9 / 2011Seis minutos foi o que precisou Pablo Devigo para encandilar ao xurado da XX edición do concurso de gaita solista Constantino Bellón. Devigo converteuse por terceira vez consecutiva, no gañador do premio de composición de gaita por excelencia. Os músicos Pedro Álvarez de Nigrán e Daniel Lumbreras tamén foron destacados polo xurado.
novidades discográficas
O Noso Tempo
Hugo Guezeta
Cāldo
Catuxa Salom
Vertentes
Garza
Obra social
ORTIGA
Barullo
Baiuca