Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Un vento que zoa na música galega

A SECCIóN DE MúSICA DO CCG PRESENTA O XERMOLO WEB DA SúA INICIATIVA DIXITAL PARA A DIFUSIóN DA MúSICA CLáSICA

Un vento que zoa na música galega

CLáSICA/LíRICA | novembro 2, 2011

imaxe non dispoñible

Hoxe pola mañá o Consello da Cultura Galega presentou Vento que zoa, un web que servirá de base para as iniciativas de difusión da música galega entre todos os públicos. Segundo afirman Maximino Zumalave e Sergio Sieiro, este será o punto de partida a partir do cal a Sección de Música do CCG quere levar o coñecemento da música clásica galega a públicos moi amplos, a partir de Internet. Nestes momentos, Vento que zoa permite escoitar e ver o traballo de seis compositores galegos clásicos, consagrados e emerxentes. Un novo xeito de coñecer a música do país.

Ligazóns