Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Baiuca lanza un 'Barullo' cheo de voces para bailar

O TERCEIRO DISCO DO ARTISTA DE CATOIRA INCLúE COLABORACIóNS CON ARTISTAS COMO ANTíA AMEIXEIRAS OU FELISA SEGADE

Baiuca lanza un 'Barullo' cheo de voces para bailar

ELECTRóNICA | setembro 30, 2024

capa-barullo.jpg

O artista de Catoira, que este ano recollía tres premios MIN da música independente, ven de sacar 'Barullo' (Raso estudio), o seu terceiros disco longo, tres anos despois de 'Embruxo' (Raso estudios, 2021) e seis anos despois do seu debut con 'Solpor'. O proxecto de Alejandro Guillán conta para este traballo con varias colaboracións especiais pro aparte figuras tan destacadas como Antía Ameixeiras ( do dúo Ca amaño & Ameixeiras), Felisa Segade (Leilía), Xabier Fernández, Carlangas (Novedades Carminha) ou as pandeireterias de Lilaina, as mesmas que contibuíron ao tema de C.Tangana 'Oliveira dos cen anos'. Dez temas inclúe este 'Barullo' que abre a canción 'Navajitas', na que colaboran Felisa Segade e Xabier Fernández. O disco está marcado por unha vocación de baile, partindo da música tradicional e do concepto de foliada popular que son marca do proxecto e que os traballos videográficos de Adrian Canoura contribúen a acentuar. Baiuca é xa un nome habitual en festivais dentro e fóra das nosas fronteiras e o seu repertorio que conecta a tradición coas músicas electrónicas é benvido en moitas citas de ambos xéneros musicais.


En 'Barullo' Baiuca move máis que nunca os seus ritmos buscando esa animación ao baile, con máis licencias electrónicas que nos dous anteriores traballos, sen perder a conexión cos fundamentos da tradición galega e tamén da ibérica, incluíndo este tema de influenzas lusas 'Alentejo' que xa avanzou como segundo sinxelo deste disco en marzo. Antes que iso o primeiro avance foi do tema "PAEQB" ( acrónimo de "Por Amar E Querer Ben") no recollía e "sampleaba" coplas do extinto grupo tradicional Pandeiromus. Pezas cunha duración arredor dos dous e catro minutos, con estruturas do formato do pop alternativo conforman este traballo coproducido pro Guillán xunto co asturiano Sergio Pérez (produtor que ten traballo con El Guincho, Cariño, Mujeres, Joe Crepúsculo ou La Bien Querida, entre outros), e con colaboracións na produción de Anxo Ferreira. O disco xa está en plataformas dixitais e está dispoñible nunha edición limitada en vinilo de 12", en cor vermella e con deseño exclusivo da artista Carlota Pereiro.

datos do disco