Ti estás aquí > Inicio / Xéneros / Antiga
Música Antiga
Unha xornada e un concerto homenaxean a Martín Códax polo Día das Artes
Xénero:
| 5 / 10 / 2023A Illa de San Simón, en Redondela, acolle este 5 de outubro a celebración do encontro "Seíam'eu... en San Simón". O Consello da Cultura Galega organiza esta iniciativa que homenaxea a Martín Códax polo Día das Artes Galegas. O programa comeza de mañá coa xornada "Ecos medievais: A voz e a arpa, testemuñas e transmisores da alma musical do pasado".
O XVI Festival Pórtico do Paraíso presenta o seu cartel internacional de música culta
Xénero:
| 8 / 3 / 2023A organización do Festival Internacional de Música Pórtico do Paraíso anunciou o cartel da súa 16ª edición, que se celebrará do 5 ao 14 de maio en diferentes espazos dos concellos de Ourense, Cea e Nogueira de Ramuín. O festival, organizado desde a Asociación Pórtico do Paraíso e patrocinado pola Deputación de Ourense, ofrecerá cinco concertos de conxuntos vocais e instrumentais de música culta procedentes de Portugal, Reino Unido e Galicia, coa participación do pianista ourensán Fabio Álvarez e a estrea como escenario do mosteiro de Santa María de Oseira, que acollerá a última das interpretacións programadas. Conta, ademáis coa participación de Agadic e do Governo de Portugal.
O ciclo Espazos Sonoros volve da man da Deputación da Coruña
Xénero:
| 5 / 8 / 2021O ciclo 'Espazos Sonoros. Sons e lugares do Reino Medieval de Galicia' chegará, no mes de setembro, a diferentes enclaves patrimoniais da provincia da man das áreas de Cultura e Contratación e Patrimonio da Deputación da Coruña e dos concellos de Brión e Vimianzo. Este ciclo cancelouse o pasado ano, cando estaba patrocinado pola Dirección Xeral de Políticas Culturais da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.
A exposición A memoria do son explica os instrumentos medievais
Xénero:
| 29 / 6 / 2021O Museo Catedralicio de Santiago abre no seu local do Pazo de Xelmírez este 29 de xuño a exposición A memoria do son. O proxecto amosa os "avances e coñecementos da sonoridade instrumental e vocal medievais" nun proxecto interactivo que convida a tocar, escoitar e coñecer o contexto no que se desenvolveu a música desde a Idade Media. A mostra está aberta ata o vindeiro 25 de xullo.
En xuño haberá unha nova edición do Festival Pórtico do Paraíso
Xénero:
| 4 / 5 / 2021O Festival Internacional de Música de Ourense Pórtico do Paraíso, promovido pola Asociación Pórtico Musical chega á súa 14ª edición unindo música en directo e patrimonio. Unha volta da dinamización cultural musical que neste caso recibe o apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Industrias Culturais. Nesta edición, o festival ofrece catro concertos nunha escolma de mosteiros da Ribeira Sacra, á que se suma para o recital inaugural a igrexa ourensá de Santiago de Caldas, e a proxección dun documental, que terá lugar no Teatro Principal da capital ourensá. A cita terá lugar do 4 ao 13 de xuño.
O ciclo 'Camiño de Cantares' impulsa a publicación de dous libros-cd a presentar en nove concertos
Xénero:
| 1 / 9 / 2020O novo ciclo musical 'Camiño de Cantares', levará á editar dous libros-cd que serán interpretados en concerto en espazos relixiosos de localidades polas que transcorre o Camiño de Santiago. O eixo desta iniciativa é a música vocal, tendo cabida propostas a capella e con acompañamento instrumental. Así mesmo, estas publicacións poñen o foco na música creada para o Apóstolo Santiago, que conta con historias do Camiño ou composta en localizacións xacobeas.As publicacións titularanse Libro de órgano da Catedral de Tui (séc. XVIII) e Libro III de Polifonía (séc. XVII- XVIII) e para contribuír á súa divulgación programáronse un total de nove concertos que se celebrarán en recintos sacros de Celanova, Santiago, padrón Tui, Melide, Ribadavia, Muxía e Oia.
A organización de Espazos Sonoros anuncia a cancelación do festival
Xénero:
| 28 / 5 / 2020Belén Bermejo, Directora artística de Espazos Sonoros, comunicou este 25 de maio a cancelación deste festival centrado na combinación entre espazos de interese cultural e música antiga e de raíz. Segundo sinalou nun comunicado "a Dirección Xeral de Políticas Culturais decidiu cancelar o festival cando xa estaba practicamente ultimada a vindeira edición, sen dar resposta a ningún dos compromisos que tiña asumidos, nin coa organización, nin cos artistas, e desentendéndose da posibilidade de adiar ou retomar o festival cando a situación sanitaria o permitise".
O XIIIº Festival Pórtico do Paraíso esténdese á Ribeira Sacra lucense
Xénero:
| 9 / 1 / 2020A organización do Festival Internacional de Música Pórtico do Paraíso adiantou o cartel da súa décimo terceira edición, que terá lugar do 6 ao 15 de marzo e para a que conta coa colaboración da Xunta de Galicia, toda vez que o Concello de Ourense retirou a súa colaboración co evento que toma o seu nome da propia catedral ourensá. O festival, dedicado á difusión da música culta desde escenarios arquitectónicos singulares, esténdese por vez primeira fóra da provincia de Ourense, para ofrecer na Ribeira Sacra lucense dous dos cinco concertos programados este ano. O concerto inaugural correrá a cargo da Escolanía de Segovia o 6 de marzo no Templo da Vera Cruz do Carballiño. O festival inclúe, así mesmo, as actuacións do arpista británico Andrew Lawrence King o día 7 na igrexa de Santo Estevo de Ribas de Miño (O Saviñao), do violinista galego José Manuel Álvarez o día 8 na igrexa do Santo Anxo de Ourense, do Kosmos Emsemble do Reino unido o día 13 na igrexa de Santa María da Régoa de Monforte de Lemos e do guitarrista arxentino Víctor Villadangos o 15 de marzo no Liceo de Ourense. Este último será, ademais, o encargado de impartir o curso de interpretación que se desenvolverá do 11 ao 13 de marzo no Conservatorio Profesional de Música de Ourense.
Unha xornada e un documental recuperan a figura do trobador Martín de Padrozelos
Xénero:
| 26 / 11 / 2019Sarria acolle o vindeiro 30 de novembro a xornada Trobador no Camiño. Andares pola lírica de Martín de Padrozelos, un encontro que quere reivindicar a figura do está considerado o primeiro trobador do país. A iniciativa conta cunha mesa redonda na que Lois Celeiro, José Martinho Montero Santalha, Baldomero Iglesias, Xulio Pardo de Neyra e Dulce Fernández Graña abordarán esta figura do século XI e a súa importancia na lírica medieval galego-portuguesa. O proxecto, promovido pola Asociación de Xornalistas e estudosos do camiño de Santiago inclúe tamén a proxección dun documental do mesmo nome que a xornada, no que Xoán Piñeiro percorre as paisaxes vencelladas a este personaxe histórico.
O Ateneo de Santiago impulsa un novo festival de música antiga e barroca
Xénero:
| 3 / 9 / 2019Impulsado polo Ateneo de Santiago e co apoio das institucións públicas local, provincial e autonómica, ademais da Universidade de Santiago ven de ser presentada hoxe a que será a primeira edición do festival de música antiga e barroca Ateneo Barroco. O festival preséntase como sucesor doutras iniciativas locais anteriores das que ocupa un oco deixado para unha parte da cidadanía habitual en citas como o festival Vía Stellae ou o Festival de Músicas Contemplativas, ambos suprimidos en 2016 polo anterior consistorio local. O evento ofrecerá entre o 1 e o 12 de outubro cinco concertos, unha conferencia e a exhibición de tres documentais. O festival é unha das iniciativas que foron amparadas para este ano 2019 polo programa O teu xacobeo da Xunta de Galicia. Os composteláns Manuel Vilas e Resonet (Mercedes Hernández e Fernando Reyes), a mezzosoprano Marta Infante, Massimo Spadano e Fernando López Pan, Amandine Beyer e Gli Incogniti, Fahmi Alqhai e Accademia del Piacere, son os protagonistas dos cinco concertos desta primeira edición do festival, que terá lugar en enclaves do patrimonio artístico da cidade, en teatros, igrexas e espazos singulares como o Teatro Principal ou a Igrexa e o Paraninfo da Universidade de Santiago, segundo presentou hoxe o seu director artístico José Victor Carou, acompañado de directivos do Ateneo e representantes do Concello e do Xacobeo.
REPORTAXE

Cantar en Nadal
Data.O contorno e a lingua galega recóllense nos vilancicos e panxoliñas desde o século XVIII