Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Unha xornada e un concerto homenaxean a Martín Códax polo Día das Artes

O CONSELLO DA CULTURA CELEBRA O ENCONTRO "SEíAM'EU... EN SAN SIMóN"

Unha xornada e un concerto homenaxean a Martín Códax polo Día das Artes

ANTIGA | outubro 5, 2023

imaxe non dispoñible

A Illa de San Simón, en Redondela, acolle este 5 de outubro a celebración do encontro "Seíam'eu... en San Simón". O Consello da Cultura Galega organiza esta iniciativa que homenaxea a Martín Códax polo Día das Artes Galegas. O programa comeza de mañá coa xornada "Ecos medievais: A voz e a arpa, testemuñas e transmisores da alma musical do pasado".

Esta sesión, coordinada por Alejo Amoedo que aborda a voz e a arpa como testemuñas e transmisoras da alma musical do pasado, particularmente na época medieval. Gorka Rubiales, da Universidad de Salamanca; Paulina Ceremuzynska, cantante e musicóloga especializada na interpretación da música antiga, e Manuel Vilas, arpista especializado en música antiga, afondarán na iconografía musical medieval, na voz das cantigas e nos diferentes aspectos relacionados con este instrumento.

Xa de tarde, a partir das 19:30 horas, o Auditorio do Multiusos da Xunqueira de Redondela acolle un concerto no que se estrearán as composicións que María Mendoza, Mario Diz, Gloria Rodríguez Gil e Arsenio Keilin elaboraron das cantigas de Martín Codax.