Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / A imaxinación musical do Baldo Martínez Sexteto

O áLBUM 'MúSICA IMAGINARIA' XURDE DUN PROXECTO PRODUCIDO POLO FESTIVAL DE VITORIA

A imaxinación musical do Baldo Martínez Sexteto

JAZZ/BLUES | agosto 7, 2024

BaldoMartinez_6MusicaImaginaria.jpg

"Danza imaginaria" é o tema de presentación de 'Música Imaginaria' (karonte Dsitribución, 2024), novo traballo do sexteto liderado polo contrabaixista Baldo Martínez e que comparte con Julián Sanchez (trompeta e fiscorno), Juan Saiz (saxos e frauta), Joâo Barradas (acordeón), Andrés Coll (vibráfono e marimba) ea tamén galega Lucía Martínez (batería e percusión). Este disco, xurdido dun proxecto producido polo Festival de Jazz de Vitoria 2023 como encarga a Baldo Martínez, deu neste traballo discográfico que tivo a presentación oficial na edición deste ano do festival. Vencellado directa e explicitamente cos sons do folclore galego, o disco ofrece mostras da calidade dos seis artistas que nel conflúen e a súa capacidade para o "free jazz", improvisando a partires das composicións de Martínez e sesións de estudio ou directos. Unha mostra do poder da imaxinación musical que dá nome ao álbum en claves contemporáneas.

datos do disco