Ti estás aquí > Inicio / Xéneros / Antiga
Música Antiga
Botar un rato no órgano
Xénero:
| 10 / 2 / 2011A música de órgano está de parabéns en Galicia. Ao recente proxecto de catalogación dos instrumentos deste tipo en igrexas do país súmase agora a asociación Un rato no tubo. Este colectivo nado en Ourense abre cun concerto ás oito desta tarde a súa actividade. A seguir, esta asociación pretende desenvolver visitas a órganos destacados desta provincia, organizar audicións e outras orixinais propostas para dar a coñecer este instrumento. Marisol Mendive, profesora de órgano no conservatorio de Ourense e unha das promotoras explícanos esta iniciativa e analiza a situación do patrimonio organístico do noso país.
As cancións que agochaban as cubertas
Xénero:
| 8 / 2 / 2011Unha árdua busca de partituras a desventrar as cubertas de antigos códices. A reconstrución dun patrimonio musical que se esquecera no século XV. A gravación dun disco que rescata cancións que levaban case mil anos sen se interpretar. Galicia entra na primeira división mundial da música medieval co proxecto de investigación e mais o disco A música medieval en Ourense.
Un disco recupera a música medieval da Catedral de Ourense
Xénero:
| 7 / 1 / 2011La música medieval en Ourense é o título do disco que acaba de publicar o selo Armonía Universal desde a Cidade das Burgas. O CD recolle dezaoito pezas de cántico gregoriano recuperadas dos arquivos da catedral, do arquivo diocesano e mais do Histórico Provincial. As pezas foron gravadas en Roma polo coro Gregoriani Urbi Cantores, e supoñen o comezo dun proxecto que esta discográfica quere estender ao resto das catedrais galegas. O obxectivo dos responsables desta iniciativa é publicar estudos científicos sobre a música que se conserva nestes espazos e editar posteriormente discos recollendo este material.
A Xunta prescinde do Ordo Prophetarum en pleno Ano Santo
Xénero:
| 26 / 11 / 2010Trátase dunha hipotética reconstrucción da procesión dos profetas do Pórtico da Gloria que conta os prolegómenos da chegada do Mesías. O rito, asociado ao Nadal, representase desde o ano 2004. Sen embargo, en pleno Ano Santo, a Xunta acaba de decidir que prescinde da súa celebración. Tal e como publica Galicia Hoxe, o principal motivo desta decisión é “que non hai cartos”.
As aventuras de Sir Tristán na aldea
Xénero:
| 31 / 5 / 2010Non todo na nosa música tradicional son cantigas sobre amor, sexo ou tarefas agrarias. Canda a eses e moitos outros temas, na memoria dos nosos antepasados atopamos temas fondamente entroncados na cultura europea. O Santo Grial, ou a historia de Tristán e Isolda están plenamente inseridos na nosa tradición musical, e revelan relacións temperás con Irlanda e Bretaña.
Un festival abre ao público os órganos de igrexas emblemáticas de Compostela
Xénero:
| 3 / 5 / 2010Este sábado arrinca en Compostela unha nova edición do Compostela Organum Festival. Unha cita que une nun mesmo programa a recuperación de igrexas para dalas a coñecer ao público e, da outra banda a música, xa que concertos apóianse nos órganos destes espazos. O festival ofrece 13 citas que se agrupan en tres ciclos: primavera (mes de maio), verán (no mes de agosto) e outono (outubro). A Asociación Musical Berenguela coordina este ciclo apoiado polo Consorcio de Santiago e o Xacobeo.
Comeza o Festival de Músicas Contemplativas máis internacional
Xénero:
| 25 / 3 / 2010Comezou sendo un programa para abrir, a golpe de concertos, igrexas e edificios rehabilitados polo Consorcio de Santiago. Co tempo, o festival de músicas contemplativas foi atopando o seu sitio na necesidade de achegar un diálogo musical con repertorio que conservaba a esencia das tradicións orais. O programa desta quinta edición é máis internacional que nunca, con quince concertos con músicos de Inglaterra, Vietnam, Frania, Mongolia, Azerbaixán, Irán ou Ouzbekistan, entre outras procedencias. Musica antiga e medieval que se desenvolve en diferentes edificios históricos de Santiago do luns 29 ao sábado 3 de abril.
REPORTAXE
Cantar en Nadal
Data.O contorno e a lingua galega recóllense nos vilancicos e panxoliñas desde o século XVIII