Comeza o Festival de Músicas Contemplativas máis internacional
marzo 25, 2010
Comezou sendo un programa para abrir, a golpe de concertos, igrexas e edificios rehabilitados polo Consorcio de Santiago. Co tempo, o festival de músicas contemplativas foi atopando o seu sitio na necesidade de achegar un diálogo musical con repertorio que conservaba a esencia das tradicións orais. O programa desta quinta edición é máis internacional que nunca, con quince concertos con músicos de Inglaterra, Vietnam, Frania, Mongolia, Azerbaixán, Irán ou Ouzbekistan, entre outras procedencias. Musica antiga e medieval que se desenvolve en diferentes edificios históricos de Santiago do luns 29 ao sábado 3 de abril.
Tamén che pode interesar:
- 3/ 3/ 2015 | O IX Festival de Músicas Contemplativas achegará 17 concertos
- 26/ 3/ 2014 | O Festival Músicas Contemplativas xunta o barroco co contemporáneo en espazos singulares
- 24/ 1/ 2013 | Regresa á oferta compostelá o Festival Músicas Contemplativas
- 12/ 3/ 2012 | Compostela perde o Festival de Músicas Contemplativas
- 6/ 4/ 2009 | O recuperado retablo de Ánimas protagoniza o Festival de Músicas Contemplativas