O trío Saibrán comeza o seu proxecto de triloxía con 'Atardecer harmonioso con gotas de primavera'
Xénero: | 19 / 12 / 2025
Saibran, o novo proxecto musical conformado por Cibrán García (Boyanka Kostova) e por Julián Goicoa e Fiz García (integrantes de Mundo Prestigio), vén de publicar o seu LP de debut, 'Atardecer harmonioso con gotas de primavera' (Tremendo Audiovisual), que este sábado, 20 de decembro, terá a súa presentación oficial en concerto no marco do Mercado da Estrela en Santiago de Compostela. Este primeiro disco, que está chamado a ser unha referencia do rap en galego, forma parte dunha triloxía que percorre as emocións e vivencias cotiás que se poden dar desde o solpor (primeiro disco) até o amencer (o terceiro): as cavilacións desenvólvense na medida que avanza a xornada de quen sae da súa casa contra última hora da tarde, sen máis pretensión que ver ás amizades pero que, cando regresa, xa alboreceu.
Fanzine Fest celebra once anos con 32 artistas galegos e internacionais
Xénero: | 1 / 12 / 2025
Sete días, sete espazos, 32 artistas, esa é a presentación en cifras da XIª edición do Fanzine Fest da Coruña que comeza este luns, 1 de decembro. O festival de música electrónica organizado polo selo Fanzine Project comezará hoxe no Planetario da cidade herculina con espectáculo en directo a cargo de Boneco e Hey Pablo!, dous dos moitos artistas galegos que o cartel deste ano ofrece e que son maioría entre outros internacionais ou estatais, reflectindo así a boa saúde creativa do xénero no país.
Sés presenta un novo traballo en formato disco-libro
Xénero: | 28 / 11 / 2025
Hoxe ve a luz un duplo traballo de María Xosé Silvar, coñecida artisticamente como Sés: o libro disco 'Nadando na incerteza' (Autoedición), e o "letrario" 'Mentres quede corazón' que recolle toda a obra lírica dunha década e media de creación musical. O novo libro disco preséntase como un traballo en que a canción se sitúa no centro absoluto, sen sobreproducións nin artificios, nun exercicio de artesanía e autenticidade que reivindica a súa condición de cantora e facedora de cancións. . O disco, composto por 13 cancións orixinais, caracterízase pola tendencia á sinxeleza instrumental, as voces que respiran con peso e temas concibidos para sosterse por si mesmos, coa palabra e a melodía como eixos arredor dos que todo xira. O tema que dá título ao álbum, 'Nadando na incerteza', foi o primeiro que avanzou o pasado 17 de outubro. Sés asume diversas facetas do proceso creativo: compón, interpreta, produce, grava e supervisa cada detalle. Unha autosuficiencia creativa, que xa forma para do seu xeito de facer as cousas nunha carreira que ten xa catorce anos e nove disco publicados.
Malpica acolle o simposio sobre as cantareiras polo Día das Letras Galegas
Xénero: | 21 / 11 / 2025
A Real Academia Galega (RAG) ponlle o ramo ás celebracións do Día das Letras Galegas dedicado á poesía popular. Malpica, localidade natal de Eva Castiñeira, unha das homenaxeadas no último 17 de maio, acolle o día 22 de novembro o simposio As cantareiras e a poesía popular oral, co que a RAG quere afondar na tradición recoñecida neste 2025.
Fransy González presenta as súas recollidas tradicionais cun novo formato en 'Manhe'
Xénero: | 20 / 11 / 2025
A conxunción da herdanza musical das cantareiras a música de cámara e o saxo soprano nun espectáculo que é unha homenaxe á raíz, así preséntase 'Manhe'. A artista arteixá Fransy González, pandereteira e cantareira, leva toda a vida recollendo a música das aldeas e ensinándolla a outros como mestra. Con 'Manhe' da un paso á fronte na súa carreira, facéndose acompañar por máis de vinte músicos dunha gran orquestra de corda e contando co saxofonista Pedro Lamas, que é responsable dos arranxos e da dirección musical. A voz de Fransy e as músicas de tradición oral recollidas ao longo da súa vida serán, con todo as grandes protagonistas neste espectáculo que terá a súa estrea este vindeiro domingo no teatro Colón da Coruña. Pasado e presente, memoria e creación, nunha posta en escena coidada e profundamente evocadora que reivindica e impulsa o legado das cantareiras que este ano 2025 está a afianzar o seu papel fundamental na música galega do pasado e do futuro. No mesmo acto poderá mercarse un vinilo de 7'' con tres dos temas do espectáculo
Nadadora volve quince anos despois do seu último traballo
Xénero: | 17 / 11 / 2025
En febreiro de 2013 o Teatro Lara de Madrid acollía o concerto de despedida da formación Nadadora. O grupo de indie pop orixinario de O Grove pechaba así a súa actividade comezada dez anos antes que os colocara naquel momento como unha banda emerxente do panorama estatal independente. Naquel momento remataban de presentar o seu terceiro traballo longo 'Luz, Oscuridad, Luz' (Ernie Records, 2010), iniciando etapa co selo de Caldas tras a súa etapa con Jabalina. Quince anos despois, xa noutros tramos vitais a nivel persoal, e de novo con Ernie Records, a banda retoma a composición de temas e as gravacións, volvendo coa presentación dun EP, tal e como fixeran xa en 2005 co seu primeiro traballo. Sara Atán (voz e guitarra), Gonzalo Abalo (voz e guitarra), Edu Romero (baixo), Daniel Abalo (batería) e Montxo Couselo (teclados) están de volta con 'Mañana y siempre'.
A Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra é galardoada co Premio Otero Pedrayo
Xénero: | 13 / 11 / 2025
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, anunciaba na mañá deste 14 de novembro o fallo do Premio Otero Pedrayo, que convocan as catro entidades provinciais canda a Xunta de Galicia. A Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra foi seleccionada como gañadora desta xeira do galardón, que conta cunha dotación económica de 16.000 euros.
Os I Premios da Industria Musical recoñecen a Carlos Ares como Artista do Ano
Xénero: | 13 / 11 / 2025
A Axencia Galega das Industrias Musicais (AGEM) daba a coñecer este 13 de novembro o fallo dos galardóns honoríficos dos I Premios da Industria Musical Galega. Carlos Ares foi recoñecido como Artista do Ano, mentres Francisco Gómez Gandy recibirá o galardón á Persoa do Ano 2025. Os premios entregaranse o vindeiro 27 de novembro na compostelá Sala Capitol.
Cantareiras nas cidades do silencio (II)
Xénero: | 11 / 11 / 2025
Malia a seren durante anos un contexto hostil ao desenvolvemento da cultura tradicional, as cidades galegas foron e son espazos clave para a recuperación deste patrimonio. Desde as iniciativas que comezaron a valorizar o labor da cantareiras ata os novos espazos de celebración para a nosa música e baile, as urbes galegas constitúense como focos imprescindibles para entendermos a tradición.


