Ti estás aquí > Inicio / Xéneros / Alternativa
Música Alternativa
TAB reflexionan sobre o éxito en SED
Xénero:
| 28 / 6 / 2023Triángulo de Amor Bizarro ven de presentar o que é o seu sexto traballo longo: SED (Mushroom Pillow). Os de Boiro, seguen a ser o grupo que leva anos traballando nunha esixencia e compromiso coa súa calidade absolutas, e neste traballo volven a experimentar coas súas linguaxes sonoras propias e as súas influenzas mantendo o nivel que de seguro agardan o seus moitos seguidores. Segundo consta na comunicación por parte da discográfica, "SED é un disco mundano e terreal que trata de emocións primitivas dunhas personaxes nun mundo hostil, desigual e tecnificado no que o tempo pasa a toda ostia". A transcrición do título en símbolos de moedas ten que ver co concepto do álbum, segundo eles este á un disco sobre "a busca do éxito, a fama e o poder, a soidade na cima, os bos momentos a a inevitable decadencia dunhas personaxes que poderían ser TÚ."
A Coruña acolle as vangardas do Festival RESIS
Xénero:
| 13 / 4 / 2023Hoxe dá comezo na Coruña a sexta edición do Festival RESIS de Música Contemporánea e Artes Vivas, que ata o vindeiro 6 de maio ofrece un programa que inclúe artista de vangarda, gastronomía e diversas expresións artísticas. O concerto inaugural celebrarase hoxe no restaurante Árbore da Veira, a cargo da formación Arxis Ensemble, que interpretará obras de Rebecca Saunders, Sara Glojanaric e Yoko Ono. O vindeiro sábado, 15 de abril, o festival ofrece a estrea mundial da peza "Libro delle Immagini V", do coruñés Hugo Gómez-Chao, compositor residente en la Real Academia de España en Roma. Nacho de Paz dirixirá a Arxis Ensemble para est concerto que tamén incluirá a interpretación de obras de Beat Furrer, Alberto Posadas e Claudia Cañamero.
O Esmorga Fest revive como "infinito" grazas ao acordo coa Deputación de Lugo
Xénero:
| 24 / 2 / 2023Tras o anuncio da desaparición definitiva do Esmorga Fest a mediados do mes de xaneiro, orixinouse unha corrente de apoios e agarimos cara a este evento de referencia da música independente e alternativa de Sarria que culminou con novo comunicado de resurrección. A organización fixo público a finais do mesmo mes un acordo coa Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo que lles deu as garantías precisas para cubrir as axudas necesarias desde organismos públicos cara a continuidade da cita referencial de Sarria no panorama musical. Hoxe o festival xa ten datas, sacou á venda os abonos e inicia a presentación do seu cartel artístico. O novo "Esmorga infinita" levará a cabo a súa nova edición os días 19 e 20 de maio e conta xa con cinco nomes que ofrecer dentro da súa liña musical: Los Punsetes, The Parrot, Ghouljaboy, Castro e Yawners.
Volve a experimentación sonora do Sinsal Outono
Xénero:
| 13 / 9 / 2022Os días 16 e 17 de setembro regresa a Vigo o Sinsal Outono, o ciclo de concertos intrinsecamente vinculados á experimentación sonora, á vangarda e á creación contemporánea nas súas múltiples expresións. Neste 2022 desenvolverase nun dos espazos de referencia do universo da investigación, creación, innovación e produción contemporánea no ámbito local, comarcal e galego, e que acompañou o desenvolvemento e proxección da propia Sinsalaudio ao longo destas dúas últimas décadas: o Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO). Sinsal Outono 2022 ofrecerá dúas noites ateigadas de experimentación e de visualización de propostas musicais contemporáneas con bandas e artistas chegadas de distintos puntos Madrid, Valencia e Portugal, grazas tamén á colaboración do Instituto Camoes. Dullmea, El Hijo, Luís Fernandes e Otro conformarán o cartel desta nova edición do ciclo.
O WOS Festival volve a Santiago con plena potencia
Xénero:
| 7 / 9 / 2022A VI edición de WOS Festival x SON Estrela Galicia ultima preparativos antes da súa celebración esta semana entre o 8 e o 11 de setembro en Compostela. O evento presentouse esta mañá en rolda de prensa no Concello de Santiago. O programa está formado por numerosos concertos, con estreas a nivel nacional e internacional, dj sets, cinema e un programa de conferencias en torno ao pensamento e debate. A nova entrega de WOS Festival supón a volta á normalidade do evento tras das restricións pandémicas, ao igual que os que se veñen desenvolvendo desde principios do verán deste ano. A edición deste 2022 desenvolverase en doce localizacións de valor patrimonial da capital galega: o museo CGAC, o Teatro Principal, as Igrexas de Bonaval e da Universidade, as salas Capitol e Malatesta, a Fundación Eugenio Granell, a Sede Afundación, o Auditorio Abanca, o cinema Numax, a Fundación SGAE e o Parque de Bonaval.
A noite que Aller Ulloa foi guía científico e espiritual á vez
Xénero:
| 26 / 1 / 2022Fai 84 anos, tal día coma hoxe, un fenómeno atmosférico pouco habitual puido verse en Galicia e noutras rexións de Europa: unha aurora boreal dunha cor vermella intensa tinguía o ceo nocturno. Corría a noite do 25 de xaneiro de 1938 e o país estaba ademais metido nunha cruenta guerra civil. O extraordinario do fenómeno nestas latitudes e as circunstancias do momento levaron á intranquilidade a moitos paisanos que lle atribuían incluso connotacións relixiosas apocalípticas. En Lalín, moitos deles acudiron a consultar ao sabio que tiñan máis a man, que era o astrónomo e párroco D. Ramón María Aller. El encargouse de tranquilizalos e explicarlles a natureza do que estaban a presenciar nos ceos galegos. O científico ademais tomou as súas anotacións e fixo debuxos sobre a pouco habitual aurora boreal, que quedaron para a posteridade. Tomando esta anécdota como base, outro lalinense, o músico Benxamín Otero, ven de levar a cabo un proceso creativo de composición e gravación dun tema instrumental de 13 minutos de duración que leva por título 'Aurora e Aller'. O traballo en solitario está apoiado polo fondo O Teu Xacobeo da Xunta de Galicia e o artista ven de aproveitar o aniversario da efeméride para presentar o vídeo.
Outono de creadores contemporáneos desde Vigo ao Courel
Xénero:
| 27 / 10 / 2021O outono trae as súas propias citas, impulsadas ademais pola mellora das restricións sanitarias supoñen a promesa dunha actividade cultural que recupera a normalidade, neste caso desde as propostas alternativas. A esencia do Festival Sinsal persiste e Sinsalaudio recupera unha das súas propostas sobranceiras, Sinsal Outono, un ciclo de concertos vinculados á experimentación e á creación contemporánea que se desenvolven en espazos singulares do municipio de Vigo en colaboración co seu Concello. O tempo dos magostos trae tamén o Eidos de Outono, a extensión musical do Festival dos Eidos da Fundación Uxío Novoneyra, unha escolma de músicas contemporáneas marcada pola vangarda e a diversidade de estilos, vinculándose á singularidade e identidade do territorio no que se desenvolve o festival no Concello de Folgoso do Courel.
O WOS Festival presenta un formato reducido para a súa celebración
Xénero:
| 26 / 8 / 2021Un número reducido de entradas adaptado a cada un dos diferentes espazos será unha das características da Vª edición do WOS Festival x SON Estrella Galicia que volve este ano a celebrarse en Santiago do 10 ao 12 de setembro. O programa conta con estreas internacionais de música e cine na súa liña multidisciplinar e de poñer o foco en talentos contemporáneos de vangarda aos que non resulta doado acceder nos circuítos máis comerciais. Nesta edición especial, a selección musical amosa unha ampla gama de proxectos ambient e minimalistas, ideais para a escoita e a experiencia nun formato sentado. A estadounidense Eartheater, o pianista ucraniano Lubomyr Melnyk e o keniano KMRU lideran a programación musical. No apartado audiovisual, as directoras Lisa Rovner e Caroline Catz presentarán as películas 'Sisters with Transistors' e 'Delia Derbyshire: The Myth and the Legendary Tapes'. Nesta edición, o programa de cine do festival pon en valor e visibiliza o papel transcendental dunha serie de mulleres na historia da creación contemporánea e a música de vangarda.
O vigués Sen Senra única presenza galega nos finalistas dos Premios Odeon
Xénero:
| 17 / 2 / 2021Christian Senra, coñecido artisticamente como Sen Senra, é a única representación da escena musical galega entre os finalistas das 23 categorías do Premios Odeón de música. O vigués, que xa conseguiu destacar na prensa especializada en 2019 co seu disco Sensaciones(Sonido Muchacho) consegue grazas aos temas que foi presentando en 2020, co seu són de pop alternativo, synth-pop e trap, compartir posición finalista na categoría de Artista Odeón Alternativo con nomes tan coñecidos como Carlos Sadness, Vetusta Morla ou Fuel Fandango, entre outros. Esta é a segunda edición deste premios impulsados pola industria discográfica española a través de AGEDI, a entidade de xestión de dereitos dos produtores fonográficos. O vindeiro 10 de marzo coñeceranse os gañadores nunha cerimonia en liña. Os premios decídense a través do consumo da música por parte do público en plataformas dixitais e coas vendas en formato físico e contando coa opibnión de expertos do sector, tanto de compañías asociadas de AGEDI coma de representantes da asociación de produtores cataláns (APECAT), promotores musicais agrupados en APM, os representantes de ARTE e a Federación de la Música de España (ES_ MÚSICA).
15 grupos e artistas da escena independente reinventan o último disco de TAB
Xénero:
| 3 / 2 / 2021Que Triángulo de Amor Bizarro son unha banda recoñecida e mesmo de culto na escena da música independente española é un feito que xa ninguén pon en dúbida. Aos múltiples premios e á súa constante presenza nas listas destacadas polos medios especializados ven de sumarse agora un disco que se presentará esta vindeira primavera no que ata 15 grupos ou artistas destacados do panorama independente estatal reinterpretan por enteiro o, ata de agora, último traballo discográfico da banda galega. O quinto álbum dos TAB, de nome homónimo á banda dado do revés, oɹɹɐzıqɹoɯɐǝpolnƃuɐıɹʇ (Mushroom Pillow), foi publicado o pasado ano durante o confinamento ven de recibir o Premio Ruido e está na lista de candidatos ao premio Impala ao Disco Europeo do ano da música independente. Os 12 temas do álbum serán obxecto de reinvención, remestura e reinterpretación por artistas e banda coma Sr.Chinarro, Soleá Morente, Carolina Durante, Biznaga, J (LosPlanetas), Boyanka Kostova, Joaquin Pascual, Aries Sonic Boom, Erik Urano, Castro, Las Ligas Menores, Miguel Prado, Menta e Esplendor Geométrico. O vindeiro 19 de febreiro coñecerase o primeiro avance do disco titulado Detrás del espejo. Variaciones y ecos (Mushroom Pillow, 2021) .
REPORTAXE
Guías para construír unha paisaxe
Data.Escoitar.org é unha iniciativa aberta que pretende recompilar a paisaxe sonora galega. Aprende cómo colaborar.