Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Triángulo de Amor Bizarro dánlle unha volta ao seu son para ser eles mesmos

A BANDA DE INDIE ALTERNATIVO VEN DE SACAR O SEU QUINTO DISCO 'OɹɹɐZıQɹOɯɐǝPOLNƃUɐıɹʇ'

Triángulo de Amor Bizarro dánlle unha volta ao seu son para ser eles mesmos

ALTERNATIVA | marzo 23, 2020

triangulodeamorbizarro_2020.jpg

O quinto disco de Triángulo de Amor Bizarro sae para non deixar a ninguén impasible e consegue soar diferente a todos os seus anteriores discos e aínda así soar máis a TAB que nunca. Con este álbum de nome homónimo á banda dado do revés, oɹɹɐzıqɹoɯɐǝpolnƃuɐıɹʇ (Mushroom Pillow) o grupo do Barbanza ven de presentarse este pasado 20 de marzo con 12 temas redondos, nos que leva o seu particular son a percorrer melodías pop, electrónica, rock indie, industrial e o shoegaze que é marca da casa.

Catro anos despois do Salve discordia (Mushroom Pillow, 2016), TAB ofrece aquí letras contundentes e directas como unha puñada na cara nas voces de Rodrígo Caamaño ou Isa Cea, desgarradas pero probablemente con máis protagonismo que en pasados discos da banda e un feixe de efectos sonoros que chegan desde cada recuncho das cancións dan unha atmosfera particular ao disco. Malia a potencia de rock industrial do tema de apertura, Ruptura, con esa electrónica distorsionadora, o resto do disco contén pezas que baixan o ritmo ata o intimista como a seguinte No eres tú ou ese pop postpunk bailable de Vigilantes del espejo. A banda alternativa galega máis coñecida e que máis premios acumula tamén ten o seu momento synthpop progresivo nese Fukushima que acaba levándonos en espiral. Rock contundente, experimentación e máis melodías pop completan un traballo do quinteto do Barbanza que volve colocalos en todas as quinielas para ser un dis mellores discos do ano da escena independente estatal. As circunstancias non permiten saber cando poderemos comezar a escoitalos en directo.

datos do disco