Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Selvática presenta o seu terceiro disco 'Seres Abisales'

A BANDA CON BASE EN RíO DE JANEIRO GRAVOU O SEU TRABALLO EN HíO

Selvática presenta o seu terceiro disco 'Seres Abisales'

ALTERNATIVA | xullo 11, 2017

not_27687.jpg

Movéndose entre Brasil e Vigo, Selvática veñen de sacar á rúa o seu terceiro disco . A banda, formada como dúo en Río de Janeiro no 2014 por Manu G. Sanz e Paula Vilas, emigrados galegos en Brasil, e a maiores con Israel Ruíz (baixo); Luismi G. Almuíña (guitarra) e Daniel Nicolás (batería) gravouentre outubro e novembro os 12 temas de Seres abisales (Discos de Kirlian/Orphan Records, 2017) no estudio Terraforma de Hío, producidos por Ibán Pérez. Á hora de compoñer apostan por cancións directas sen unha fórmula específica, nas que se poden combinar todo tipo de sons. Na súa música pódense distinguir ecos post-punk mesturados cun punto pop, guitarras surfeiras e ritmos africanos.

datos do disco