Reportaxes
Aprender das cantigas
Xénero:
| 19 / 5 / 2008Non cómpre ir a libros de texto e aos clásicos para aprender as bases da linguaxe musical. Máis achegada do que Mozart, a nosa tradición sonora achega material abondo para iniciarse neste ámbito. Desde o seu traballo na escola de Outeiro de Rei, Antón Castro ensínalle aos seus alumnos a pasar das cantigas ao pentagrama. Un xeito diferente e propio de se introducir nesta arte.
A Biblia en gaita
Xénero:
| 26 / 2 / 2008Catrocentas partituras de gaita do noso acervo tradicional, transcritas con dous métodos e catrocentos setenta e oito arquivos de audio en formato MP3. Isto é que o que achega “O pentafol”, unha monumental obra que o gaiteiro Alberte Sanmartín presentaba a pasada samana. A iniciativa, que nace con vocación de ser “a biblia dos gaiteiros”, amosa as posibilidades de recuperación da nosa música tradicional. Máis información e extras engadidos Máis información e extras engadidos
Operación can
Xénero:
| 11 / 12 / 2007Un CD-DVD, unha web e un concurso musical sen cartos polo medio. Estes son os principais ingredientes de “Operación Can”, un certame promovido pola Unión Protectora de Animais Federadas de Galicia (UPAFGA), o estudo de gravación Casa de Tolos a discográfica Pai Música. Un proxecto que se presenta hoxe no Parlamento e no que os rapaces son os encargados de poñer a voz.
A música busca o seu sitio
Xénero:
| 4 / 12 / 2007A Sinfónica de Galicia é a formación que máis adeptos conta (1.400 abonos por temporada), colga o cartel de “non hai localidades” nas súas funcións e, ademais, é a única que recada cartos segundo as cifras da SGAE. Sen embargo, non está satisfeita cos seus resultados e acaba de presentar un suxestivo programa que vai máis alá do ámbito musical. A música busca novos camiños.
Do Bravú a Galiciantunes
Xénero:
| 7 / 11 / 2007Hai dez anos a música galega viviu unha das súas máis importantes revolucións. O movemento Bravú, que celebra estes días aniversario, supuxo unha ruptura e marcou tendencias. Claro que aquilo foi só un comezo, e desde aquela sucedéronse, na última década, varias fases e tendencias ata a situación actual. Facemos un repaso por este panorama da man de varios profesionais do mundo da música, que achegan visións non sempre coincidintes sobre esta situación.
A nota veterana
Xénero:
| 6 / 8 / 2007Estar en plena forma aos cincuenta anos é algo que non consigue todo o mundo. Se para máis, quen ten esa idade é un curso dedicado á música clásica no noso país, a cousa é de recoñecer. Pois aí está Música en Compostela. A capital galega acollía onte o comezo da quincuaxésima edición deste evento, que reúne como sempre un bo feixe de alumnos das máis diversas nacionalidades.
A orquestra bonita
Xénero:
| 24 / 5 / 2007Ten quince anos, é apenas unha adolescente pero xa ten interpretado obras de Mozart, Wagner e Shostakovich, entre outros. É a orquestra residente do festival Rossini en Pesaro (Italia) e sostén todos os anos na Coruña o Mozart e o da Ópera. A Orquestra Sinfónica de Galicia está de aniversario e faino poñendo os ollos na proxección internacional do seu proxecto. Un traballo que ten un nome propio: o de Víctor Pablo Pérez.
Subir o volume e abrir a fiestras
Xénero:
| 9 / 5 / 2007Do mesmo xeito que noutros ámbitos da nosa cultura, tamén a industria musical está a se implicar nos últimos anos na difusión exterior dos seus produtos. A coincidir coas iniciativas políticas neste sentido, os analistas coinciden na necesidade de exportar para garantir a viabilidade dunha industria cultural. Botamos un ollo sobre como estamos a botar a música para fóra.
A música óese na lonxa
Xénero:
| 7 / 5 / 2007Os novos tempos requiren novas medidas. Coñecido o período de convulsións que vive a industria discográfica, non nos debe sorprender que desde este sector xurdan iniciativas pioneiras para saír adiante. A última proposta chámase Lonxa Cultural, e pretende ser unha distribuidora que, centrada no país, acade darlle visibilidade á nosa música e tirarlle todo o seu potencial comercial.
Conectad@s coa música
Xénero:
| 2 / 5 / 2007“Crear unha empresa dedicada á produción de discos, en plena reconversión do sector, é un suicidio total. Por iso é un milagre que hoxe exista Falcatruada”. Así define Sergio Lago Varela a existencia de Falcatruada, empresa da que é socio e cofundador xunto a Lucía Rolle Boado e Óscar Donsión Martínez. Falcatruada constitúe hoxe unha sólida estrutura empresarial de apoio á música en Galicia. E máis ca no milagre, as claves do éxito radican na constante diversificación e readaptación a un mercado cambiante e, sobre todo, no eficaz aproveitamento das posibilidades que ofrecen as novas tecnoloxías.
. 1 a 10 de 70 . Seguinte \ Fin >>