Ir ao contido directamente.


Noticias

O novo disco de Tiruleque homenaxea os espazos urbanos de foliada

Xénero: Folk | 6 / 11 / 2025

tiruleque_repichoca.jpg

A formación coruñesa Tiruleque ven de sacar o que xa é o seu quinto disco de estudio 'Repichoca'. Precedido inmediatamente polo disco co que en 2021 celebraban a súa traxectoria de dúas décadas 'Tiruleque 20 anos no camiño', chega agora este novo álbum conformado por dez cancións e que procura evocar tanto as orixes da propia banda coma os espazos urbanos dedicados á música galega. Con ese duplo obxectivo, o traballo discográfico colle o seu título do nome dun histórico local coruñés desaparecido en 2021 que durante preto de dúas décadas actuou dende a rúa Orillamar como catalizador, canteira e escaparate para a escena da música galega da cidade herculina. Nese espazo consideran que naceu a formación e agora fanlle esta homenaxe á historia compartida deste grupo, deste xa mítico local e de toda unha xeración que medrou nas foliadas modernas e urbanas que se celebraron ao seu abeiro. O álbum, en definitiva, é unha chamada á festa, ao encontro e mais á memoria.

Cantareiras nas cidades do silencio (I)

Xénero: Folk | 5 / 11 / 2025

imaxe non dispoñible

O desprazamento masivo de poboación cara ás cidades ao longo do século XX repercutiu na creba da transmisión da música e do baile tradicionais. Mulleres como as homenaxeadas no Día das Letras deixaron, nese novo contexto, de cantar e de innovar dentro das formas populares que recibiran. Como resultado disto, atopamos unha tradición que quedou en boa medida fosilizada nun momento histórico previo. Analizamos a pegada das cidades na música tradicional nunha serie de dúas reportaxes.

A Deputación de Pontevedra acolle unha exposición sobre o gaiteiro Ricardo Portela

Xénero: Folk | 5 / 11 / 2025

imaxe non dispoñible

A Deputación de Pontevedra abre ao público este mércores 5 de novembro ás 19:00 horas a exposición 'Ricardo Portela, inmorrente', comisariada polo tamén gaiteiro Óscar Ibáñez. A mostra é unha homenaxe a este gaiteiro referente na música tradicional, imprescindible na conexión da tradición dos vellos gaiteiros coas novas xeracións, e estará dispoñible ata o 21 de novembro no vestíbulo do Pazo provincial. Composta por oito paneis e varias vitrinas con material discográfico e persoal, así como instrumentos e vestiario de Portela, a exposición amosa a súa traxectoria vital ligada a Viascón, Vigo e Pontevedra. Ademais, a mostra tamén abrangue o seu desenvolvemento artístico e os seus traballos discográficos, así como a relación que mantivo con asociacións e entidades.

O proxecto Laudatio funebris convida a descubrir a morte na Idade Media

Xénero: Antiga | 29 / 10 / 2025

imaxe non dispoñible

Coa intención de responder á pregunta "Que significaba morrer na Idade Media?", aCentral Folque presenta a iniciativa Laudatio funebris: Da Morte, o Pranto e o Alén no Reino da Galiza. Co apoio do Fondo de proxectos culturais Reino de Galicia, o proxecto comprende unha publicación, dous roteiros por Santiago e Noia e outros tantos concertos nestas localidades.

Grandes figuras internacionais xuntanse coa escena galega no veterano Festival de Jazz de Lugo

Xénero: Jazz/Blues | 27 / 10 / 2025

imaxe non dispoñible

O Festival de Jazz de Lugo celebra a súa 35ª edición do 1 ao 15 de novembro cun cartel que reafirma a súa vocación internacional e o seu compromiso coa creación galega. Ao longo de 15 días, a cidade acollerá 24 actuacións en espazos como o Círculo das Artes, o Auditorio Fuxan os Ventos, a Casa do Saber da USC, o Conservatorio Xoán Montes e o Club Clavicémbalo.

A AELG celebra a XVIII Xornada de Literatura de Tradición Oral en Lugo

Xénero: Folk | 24 / 10 / 2025

imaxe non dispoñible

A tradición oral protagoniza a axenda da Cidade da Muralla ao longo desta fin de semana. A Sección de Literatura de Tradición Oral da Asociación de Escritoras/es en Lingua Galega celebra este sábado 25 a XVIII Xornada de Literatura de Tradición Oral e organiza, na tarde do venres 24, a gala na que entregará os Premios Mestras e Mestres da Memoria ao Equipo Chaira e mais a María da Vrea.

Os Premios da Industria Musical xa teñen finalistas

Xénero: Miscelánea | 21 / 10 / 2025

imaxe non dispoñible

A primeira edición dos Premios da Industria Musical de Galicia ca ten finalistas. Estes galardóns de nova creación promovidos desde a Asociación Galega de Empresas Musicais, AGEM recoñecerán ata un total de 17 categorías, moitas delas de cariz técnico ademais de outras artísticas, dentro do complexo mundo da profesión musical. Un xurado profesional integrado Anxela Baltar, música, produtora e comunicadora; Cecilia Carballido, produtora cultural; María Baqueiro, consultora de sustentabilidade; Noel Miguélez, divulgador musical; os xornalistas musicais Tito Lesende e Javier Becerra; e Fundación Paideia seleccionou un total de 42 proxectos finalistas, 3 por cada unha das 14 categorías xerais contempladas nos premios.

Baldomero Iglesias lanza o primeiro volume do Catálogo do Cantar de Cego Galego

Xénero: Folk | 21 / 10 / 2025

imaxe non dispoñible

Unha serie de ensaios a definir a figura das cegas e cegos cantores e unha proposta de catalogación dos xéneros que interpretaban. Esta é a proposta que realiza Baldomero Iglesias Mero no primeiro volume do seu Catálogo do Cantar de Cego Galego. A obra que se presenta no Museo do Pobo Galego ás 19 horas deste 21 de outubro é a primeira dun ambicioso proxecto que pretende recoller, catalogar e difundir este patrimonio.

Mariña Pérez impúxose no Premio Internacional de Poesía Carlos Oroza en galego

Xénero: Miscelánea | 20 / 10 / 2025

imaxe non dispoñible

A Asociación Évame Oroza daba a coñecer este 17 de outubro o fallo do segundo Premio Internacional de Poesía Carlos Oroza. Mariña Pérez impúxose na categoría en galego do galardón, mentres que Ángela Álvarez foi a gañadora da convocatoria para obras en castelán. Cada unha delas levará un premio de 6.000 euros en metálico e mais unha figura de Oroza realizada pola artista Cuqui Piñeiro.

Loita Amada volve reivindicando que 'Resistir é vencer'

Xénero: Rock | 17 / 10 / 2025

loitamada_resistir.jpg

Coa frase 'Resistir é vencer', atribuída ao socialista e presidente na segunda república Juan Negrín, titulan o seu novo traballo longo a formación Loita Amada. Este é o terceiro álbum da banda estradense liderada por Jásper (ex-NAO) e chega dous anos despois do anterior 'Rematou o simulacro' (Loita Amada Records, 2023). Cunha pompa de xabón na portada a banda simboliza unha situación actual na que "medio mundo está en guerra mentres a outra metade mira para outro lado", din. Mantendo a súa actitude reivindicativa e de loita social, que inunda letras e melodías nos once cortes deste disco, a banda non dubida en ir directa a temas de controversia actual con nomes propios obxecto das súas críticas.

. 1 a 10 de 3576 . Seguinte \ Fin >>

BUSCADOR