Ti estás aquí > Inicio / Xéneros / Hip-Hop
Música Hip-Hop
Hugo Guezeta presenta o seu disco en solitario
Xénero:
| 22 / 11 / 2024O primeiro disco en solitario de Hugo Guezeta, 'O Noso Tempo', comeza desde a loita contra a depresión como unha declaración de intencións dunha rexeneración curadora, para pasar rapidamente o rimador a tomar altura e amosar a súa faceta máis reivindicativa e contestataria, a súa rebeldía indomable lanza frases lapidarias con destinatarios con nomes e apelidos sen pudor e crítica social. Malia non ser un traballo conceptual a escoita continua ofrécese como "unha viaxe ao longo dun día, dende o espertar ao sono da noite, pasando polo mediodía". O álbum preséntase como "un berro a toda unha xeración que vive sumida nun estado de letargo, e á que apela directamente mediante as súas letras para rachar con eses bloqueos que nos impiden avanzar como sociedade e 'espertar'".
Boyanka Kostova propoñen unha 'Foliada no Inferno'
Xénero:
| 4 / 4 / 2024Os Boyanka Kostova (Chicho e Cibrán) xa teñen desde hoxe o seu propio álbum de referencia infernal como todos os grupos de culto desde finais dos anos setenta. 'Foliada no Inferno' (Ernie records, 2024) é o sexto disco longo deste dúo que é bandeira do novo rap en galego. O disco preséntase como "un tratado de 'escarnio e maldizer'", nel, O Chicho do Funk (Ortiga) e Cibrán García maldín todos os males do seu tempo: as relacións sociais, as drogas, o desamor... Pero isto sempre dende o escarnio, mantendo o seu característico toque de humor retranqueiro nas súas letras. Fai menos dun ano que publicaban o seu anterior LP ' Os meus peidos cheiran a pétalos perfumados? (Ernie Records, 2023) co que aínda poden gañar nuns días o Premio Min a Mellor Álbum en Galego e agora suman esta referencia, afastada no son da anterior, cun resultado moito máis ecléctico e nun traballo máis longo (11 temas fronte aos 10 do anterior) e que xa desde a portada representa unha antítese co do ano pasado.
Cemento Musgo debuta cun visuálbum pioneiro
Xénero:
| 25 / 3 / 2024Once cancións acompañadas doutros tantos vídeos compoñen o visuálbum co que se presenta Cemento Musgo. Neste formato pioneiro no noso país combínanse as artes de Sokram, voz de Dios ke te Crew, ilustrador e muralista, do produtor parisino Coio, que corre coa parte musical do proxecto, e mais do artista visual A.L. Crego, pioneiro do gif art, que achega o aspecto gráfico. O álbum foi gravado, mesturado e masterizado por Møu, de Dios ke te Crew, en Rapapoulo Estudio.
Dios Ke Te Crew culminan o ano de 20 aniversario rodeados de amizades musicais
Xénero:
| 18 / 10 / 2023Dios Ke Te Crew, banda emblemática do hip hop galego, porá o vindeiro 2 de decembro o peche á celebración dos vinte anos sobre os escenarios que está facer neste 2023 coa xira 'Tremendos anos 20' e farao por todo o alto cunha xornada que semella un festival. A capital galega acollerá, entre as 19.30 horas e as 5 da madrugada dese día un programa de concertos e actuacións cun cartel homologable ao de calquera festival que inclúe, ademais de aos anfitrións DKTC, a diversos artistas da escena musical galega, compartindo escenario con eles. Así, artistas como Malandrómeda, Grande Amore, Boyanka Kostova, Leo i Arremecághona, Santino, Vituco Neira (Ruxe-Ruxe), Guillerme (Quempallou), Hermano L, High Paw, DJ Mil ou Los Rastreadores (Ortiga e Grande Amore), entre outros moitos nomes acompañará aos DKTC neste aniversario da banda de Ordes que terá como sedes as salas Capitol e Malatesta de Santiago de Compostela.
Sen Senra nomeado ao Grammy Latino polo videoclip "No Quiero Ser Un Cantante"
Xénero:
| 20 / 9 / 2023"No Quiero Ser Un Cantante" é canción coa que o vigués Christian Senra abría o seu máis recente traballo discográfico "PO2054AZ (Vol.1)" (Universal Music Spain, 2023). Co video clip da súa presentación dirixo por Torso, o músico reivindicaba as súas raíces galegas ao nivel máis local, rodando en Forcarei, ao mesmo tempo de deixar claras que as súas expectativas son como creador, non como figura valeira da industria musical ou outras etiquetas. O vídeo ven de entrar na lista de nomeados para o Grammy latino deste ano na categoría 55, de videoclips de sinxelos. O do vigués é un dos cinco traballos que compiten este ano na categoría, entre os que está tamén un vídeo da coñecida Nathy Peluso e outros artistas como Kayode, Luthuly Featuring Nave e Wos. A Academia latina de Grabación entregará os premios desta 24ª edición o vindeiro 16 de novembro en Sevilla.
O novo álbum de Boyanka Kostova amosa a versatilidade rap do dúo
Xénero:
| 2 / 6 / 2023O dúo compostelán Boyanka Kostova non quere deixar a ninguén indiferente e co seu estilo trap recoñecible e inimitable veñen de presentar o que é o seu novo traballo longo, o primeiro publicado baixo o selo Ernie Records co que xa traballaba un dos seus compoñentes, Chicho, co seu proxecto en solitario Ortiga. 'Os meus peidos cheiran a pétalos perfumados', unha estrofa do tema 'Magic English', é o vistoso título deste traballo que supón o seu quinto disco nos sete anos de actividade. O álbum está composto por dez pistas; unha intro e nove cancións que tratan de tocar todas as puntas do RAP. Dende G-funk, ata Bum Bap, pasando por rap de baile, temas de (e con) artistas contemporáneos e mesmo un beef cara á formación pontevedresa SondaRúa (Infelicce)… sen saírse nunca do son que lles caracteriza. Bases á antiga, que xorden de sampleos de outras cancións, simples e eficaces, que conseguen que o loop de 3 minutos sexa ata efémero.
Dios ke Te Crew celebra cunha xira o seu vinte aniversario
Xénero:
| 22 / 2 / 2023Unha das bandas de referencia do hip hop e o rap en galego deste século, a formación de Ordes Dios Ke Te Crew, celebra este ano os seus vinte anos de actividade. Para estás dúas décadas desde a súa formación en 2003, a banda conformada por Mou, Sokram, Jamas e Dj Murdock regesa aos escenarios cunha xira nomeada "Tremendos Anos 20" na que revisarán as súas últimas creacións e, moi especialmente, os grandes éxitos da súa traxectoria. A primeira parada da xira ‘Tremendos Anos 20’ será na sala Masterclub de Vigo (rúa Urzáiz) o venres 3 de marzo. Dúas semanas despois, o sábado 18, DKTC chegará até o Playa Club da Coruña, cidade á que regresa logo dos seus exitosos directos no Festival Noroeste e nas festas veciñais do barrio de Monte Alto.
O rapeiro Big Meu gaña a Liga CeibaRimas
Xénero:
| 5 / 10 / 2022A liga CeibaRimas, un encontro con formato de competición que busca fomentar o uso do idioma galego na arte do rap de improvisación ( freestyle), ven de levar a cabo a súa primeira edición presencial en Santiago, resultando o rapeiro local, Big Meu campión deste 2022. As actuacións dos participantes dividíanse en dous minutos de improvisación libre e un intercambio de pregunta-resposta entre dous participantes durante outro minuto. Big Meu acadou o favor do xurado grazas ao seu enxeño e ao flow amosado, levando os 300 euros que se engadían ao título de vencedor deste encontro de cultura urbana organizado pola asociación Merenda Creativa sen ánimo de lucro.
García MC lanza o seu primeiro longa duración
Xénero:
| 21 / 1 / 2022Flamante, unha colaboración con Natasia Zürchers, é o primeiro single do álbum de debut de García MC. Logo de varios EPs o veterano rapeiro lanza o LP Arquipélago Quilombo, dez temas nos que segue a liña da súa formación Nación Quilombo e aposta pola mestura de ritmos do mundo coa palabra como eixo.
Diego Salgado presenta 'Growing strong' o seu primeiro disco en solitario
Xénero:
| 22 / 3 / 2021O actor e músico betanceiro Diego Salgado é un tipo inquedo ao que lle custa parar a pesar das circunstancias que lle veñan, así que no medio desta pandemia, ante a obriga de cesar a súa actividade, gravou o seu primeiro disco en solitario, Growing strong (ONMEproductions), que ven de colocar nas plataformas dixitais esta mesma fin de semana.
REPORTAXE
Na base do hip hop
Data.O colectivo Dios Ke Te Crew reúne todas as artes vencelladas ao hip hop nun proxecto único en Galicia