Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Sen Senra nomeado ao Grammy Latino polo videoclip "No Quiero Ser Un Cantante"

O ARTISTA VIGUéS GRAVOU A PEZA AUDIOVISUAL EN SAN MIGUEL DE PRESQUEIRAS EN FORCAREI

Sen Senra nomeado ao Grammy Latino polo videoclip "No Quiero Ser Un Cantante"

HIP-HOP | setembro 20, 2023

imaxe non dispoñible

"No Quiero Ser Un Cantante" é canción coa que o vigués Christian Senra abría o seu máis recente traballo discográfico "PO2054AZ (Vol.1)" (Universal Music Spain, 2023). Co video clip da súa presentación dirixo por Torso, o músico reivindicaba as súas raíces galegas ao nivel máis local, rodando en Forcarei, ao mesmo tempo de deixar claras que as súas expectativas son como creador, non como figura valeira da industria musical ou outras etiquetas. O vídeo ven de entrar na lista de nomeados para o Grammy latino deste ano na categoría 55, de videoclips de sinxelos. O do vigués é un dos cinco traballos que compiten este ano na categoría, entre os que está tamén un vídeo da coñecida Nathy Peluso e outros artistas como Kayode, Luthuly Featuring Nave e Wos. A Academia latina de Grabación entregará os premios desta 24ª edición o vindeiro 16 de novembro en Sevilla.