Ti estás aquí > Inicio / Xéneros / BSO
Música BSO
Xosé Lois Romero publica a BSO de 'Manuela Rey is in da house'
Xénero:
| 16 / 5 / 2024O músico Xosé Lois Romero participaba recentemente sobre as táboas como un integrante máis do elenco da obra teatral 'Manuela Rey is in da house', un espectáculo creado en coprodución polo Centro Dramático Galego, o Teatro Nacional Dona Maria II, o Teatro Nacional São João, e o Teatro do Noroeste –Centro Dramático De Viana. Ademais diso o artista foi o compositor de oito pezas orixinais que conforman a banda sonora do espectáculo, algunha das cales se interpretan en directo durante o mesmo e que agora son publicadas de xeito conxunto.
O compositor Sergio Moure recibirá o Premio especial do OUFF
Xénero:
| 29 / 4 / 2021O compositor Sergio Moure de Oteyza (A Coruña, 1969) recibirá o Premio Especial da 26 edición do Festival de Cine de Ourense -instituído na 25 edición-, pola súa ampla traxectoria como músico de cinema e como autor de máis de medio cento de composicións para longametraxes, curtametraxes e series de televisión, á parte o seu labor como músico sinfónico. Así llo comunicou persoalmente ao compositor Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense, institución que dende 2018 lidera o rexurdir do festival xunto á Fundación Carlos Velo. Co gallo do premio, o Ourense Film Festival publicará un volume autobiográfico do propio Moure na súa serie Monografías, que será presentado nas mesmas datas.
A SEMUÁ-Semana das Músicas do Audiovisual chega á súa cuarta edición
Xénero:
| 24 / 10 / 2019Esta semana que pon o foco no elemento musical das produción audiovisuais, organizada pola Academia Galega do Audiovisual co apoio do Concello da Coruña, a Orquestra Sinfónica de Galicia e a Banda Municipal de Música da Coruña, celebrarase entre o 27 de outubro e 1 de novembro na Coruña, baixo a dirección artística unha vez máis do compositor Nani García e co obxectivo de revalidar o éxito de público das tres edicións anteriores. A Semana das Músicas do Audiovisual-SEMUÁ, pon en valor o traballo dos profesionais da composición, produción e interpretación das músicas que acompañan as obras audiovisuais a través dun programa suxestivo que abarque a público de todas as idades. Na súa cuarta edición, a SEMUÁ dedicará unha especial atención á figura do pianista e compositor arxentino Federico Jusid, compositor de bandas sonoras para máis de 60 películas e 30 series de televisión, entre as que destacan títulos como El secreto de sus ojos, Gran Reserva, Loving Pablo ou Fariña entre outras moitas. Jusid dirixirá á Orquestra Sinfónica de Galicia no Teatro Colón dentro do programa As nosas músicas; no que serán interpretadas algunhas das súas partituras máis coñecidas xunto a pezas dos compositores galegos Manu Riveiro e Pablo Barreiro, entre as que destacan unha suite a partir da banda sonora do filme galego Sempre Xonxa no trixésimo aniversario da súa estrea.
A Academia do Audiovisual reedita a semana dedicada ás bandas sonoras
Xénero:
| 15 / 11 / 2017O Palacio da Ópera da Coruña acolleu a presentación da segunda edición da Semana das Músicas do Audiovisual, un festival singular organizado pola Academia Galega do Audiovisual e pola Orquestra Sinfónica de Galicia coa intención de dar protagonismo ás músicas compostas para cine, televisión e outros medios audiovisuais. Esta segunda edición celebrarase dende o 27 de novembro ata o 1 de decembro na Coruña, Compostela e Narón, baixo a batuta de dirección do evento do compositor Nani García.
Cine mudo e música en directo no ciclo Cineconcertos do Teatro Jofre
Xénero:
| 8 / 2 / 2017O teatro Jofre de Ferrol acollerá un novo ciclo no que mesturará o cine e a música dun xeito pouco habitual. Os Cineconcertos, que comezarán o vindeiro sábado 11 de febreiro, ofrecerán tres proxeccións de clásicos do cine mudo con música interpretada en directo polos seus propios compositores, músicos experimentados e de sona nas súas respectivas escenas musicais moi vencelladas ao jazz. A banda de jazz-rock e rock progresivo Pegasus serán os que abran o ciclo coa banda sonora creada para o filme Berlín, sinfonía dunha gran cidade (Walter Ruttman, 1927) a mítica banda formada orixinariamente en 1981, replantexaron técnica e artisticamente esta banda sonora en directo, que xa presentaran orixinariamente en 1986 por encarga dos directores da Setmana Internacional de Cinema de Barcelona. Haberá que agardar un mes ata a seguinte xornada do ciclo, e o 11 de marzo, cando o pianista e compositor Jordi Sabatés interpretará en directo a banda musical que creou para a película Sherlock Jr. (1924) de Buster Keaton, título que se coñeceu en España como O moderno Sherlock Holmes. Sabatés conta cunha carreira de máis de corenta anos ás súas costas na que combinou propostas musicais de todos os tipos de xéneros e estilos, do jazz ao rock pasando pola canción, o lied, cancións sobre textos dos trobadores provenzais, a música de cámara e a sinfónica. O ciclo terminará o 28 de abril coa proxección da película The kid, de Charles Chaplin, 1921) co acompañamento musical agrupación instrumental formada en Vigo en 2013, Caspervek Trio. A formación clásica dos compoñentes do grupo e a utilización de recursos do jazz, o minimalismo, a música electrónica ou o folk, conforman a paisaxe sonora deste trío.
Unha semana para facer protagonista á musica que acompaña imaxes
Xénero:
| 14 / 9 / 2016Na actividade organizada desde a Academia Galega do Audiovisual a música será a protagonista absoluta da película coa axuda da Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG) e da Fundación SGAE. Dous concertos a cargo da formación sinfónica en Ourense e Ferrol serán a actividade principal sobre a que xirará o programa da Semana das Músicas do Audiovisual que tamén inclúe paralelamente actividades educativas, charlas de compositores, unha Masterclass sobre dereito de autor das músicas no audiovisual e un obradoiro de iniciación á produción musical para o audiovisual que durará toda a semana e impartirase na sede da Fundación SGAE en Santiago. Deste xeito entre concertos e outras actividades catro son as cidades nas que se reparten as actividades do programa e nas que o evento acadou diversas colaboracións. Algunhas das actividades serán abertas ao público e outras como os concertos, o obradoiro e determinadas Masterclass serán de pago.
Nico Casal recibe un premio pola música dun vídeo promocional sobre o MAC
Xénero:
| 10 / 7 / 2013Son uns premios modestos que naceron co obxectivo de promover aos creadores novos. Toman o seu nome do coñecido e popular compositor de bandas sonoras, Jerry Goldsmisth, autor de bandas sonoras como O planeta dos Simios, Chinatown, Alien ou La profecía entre moitos outros. Con compositores chegados de todo o mundo, este ano hai no palmarés deste certame un compostelán, o pianista e compositor Nico Casal que recibe o premio na categoría de Vídeo Promocional. A música composta para dar a coñecer o Museo de Arte Contemporánea Unión Fenosa, o MAC (antes coñecido como Macuf) deulle este galardón. Os premios concedéronse nunha gala celebrada en Córdoba a semana pasada.
Sae á venda a banda sonora de Secuestrados
Xénero:
| 10 / 3 / 2011Vintecinco minutos de música ambiental que pretende xerar desasosego. Esta é a proposta que fai Sergio Moure coa banda sonora orixinal do filme Secuestrados producido por Vaca Films, coa que foi candidato ao Goya nesta categoría. O disco, que acaba de saír á luz da man de Karonte distribucións, consolida a carreira de Moure na música para filmes, un xénero no que xa realizara o acompañamento de Retornos ou Un buen hombre.
O disco coa banda sonora de Retornos está xa nas tendas
Xénero:
| 8 / 11 / 2010O compositor Sergio Moure segue engadindo á súa carreira novas obras para a cinematografía coa banda sonora que asina para a película Retornos. A música composta para o filme dirixido por Luís Avilés Baquero xa está nas tendas, editado como xa é habitual polo selo Karonte. Nesta gravación o propio Moure toca varios instrumentos de corda como as guitarra acústica e eléctrica, mandolinas, guitarra portuguesa, así como o piano. A película producida por Vaca Films estreouse en cines o pasado 29 de outubro coincidindo coa saída ao mercado deste novo disco de Sergio Moure. O compositor coruñés xa asinou anteriormente outras bandas sonoros como as das películas Inconscientes, Cargo ou Un buen hombre e tamén asina a da película Secuestrados (2010) pendente aínda de estrea. O disco conta tamén con música adicional de Diego Lipnizki.