Ti estás aquí > Inicio / DISCO / A Academia do Audiovisual compila en formato CD a música cinematográfica do país
A Academia do Audiovisual compila en formato CD a música cinematográfica do país
novembro 28, 2008
As composicións que Manuel Balboa (A Coruña, 1958-2004) fixo para as películas Martes de Carnaval, O baile das ánimas ou Canción de berce (coa que foi candidato aos Goya) fan parte do CD co que a Academia Galega do Audiovisual inicia As músicas da Academia. Trátase dun proxecto que pretende compilar as pezas que compositores galegos teñen feito para producións audiovisuais. O CD distribuirase xunto con Papeis da Academia, a publicación coa que a entidade presidida por María Bouzas recolle o acontecer audiovisual galego ao longo dun ano. Neste número reflexiónase sobre a crise do modelo audiovisual clásico, as relacións coa literatura e a lingua, e o novo escenario que marca a TDT.