Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Cine mudo e música en directo no ciclo Cineconcertos do Teatro Jofre

CASPERVEK TRíO PECHARáN O CICLO NO QUE TAMéN ESTARáN PEGASUS E JORDI SABATéS

Cine mudo e música en directo no ciclo Cineconcertos do Teatro Jofre

BSO | febreiro 8, 2017

imaxe non dispoñible

O teatro Jofre de Ferrol acollerá un novo ciclo no que mesturará o cine e a música dun xeito pouco habitual. Os Cineconcertos, que comezarán o vindeiro sábado 11 de febreiro, ofrecerán tres proxeccións de clásicos do cine mudo con música interpretada en directo polos seus propios compositores, músicos experimentados e de sona nas súas respectivas escenas musicais moi vencelladas ao jazz. A banda de jazz-rock e rock progresivo Pegasus serán os que abran o ciclo coa banda sonora creada para o filme Berlín, sinfonía dunha gran cidade (Walter Ruttman, 1927) a mítica banda formada orixinariamente en 1981, replantexaron técnica e artisticamente esta banda sonora en directo, que xa presentaran orixinariamente en 1986 por encarga dos directores da Setmana Internacional de Cinema de Barcelona. Haberá que agardar un mes ata a seguinte xornada do ciclo, e o 11 de marzo, cando o pianista e compositor Jordi Sabatés interpretará en directo a banda musical que creou para a película Sherlock Jr. (1924) de Buster Keaton, título que se coñeceu en España como O moderno Sherlock Holmes. Sabatés conta cunha carreira de máis de corenta anos ás súas costas na que combinou propostas musicais de todos os tipos de xéneros e estilos, do jazz ao rock pasando pola canción, o lied, cancións sobre textos dos trobadores provenzais, a música de cámara e a sinfónica. O ciclo terminará o 28 de abril coa proxección da película The kid, de Charles Chaplin, 1921) co acompañamento musical agrupación instrumental formada en Vigo en 2013, Caspervek Trio. A formación clásica dos compoñentes do grupo e a utilización de recursos do jazz, o minimalismo, a música electrónica ou o folk, conforman a paisaxe sonora deste trío.

Ligazóns