Ti estás aquí > Inicio / Xéneros / Alternativa
Música Alternativa
O II Festival Vibracional TPS leva a música improvisada ao Gaiás
Xénero:
| 23 / 5 / 2011Dous anos despois da súa primeira edición, o Festival Vibraciona TPS, dedicado á música improvisada, volta ao noso país. A Cidade da Cultura acollerá o vindeiro 4 de xuño as actuacións de Llorenç Barber, Paolo Angeli e Germán Díaz, rt2dV, Montserrat Palacios ou a Orquestra de Música Espontánea de Galicia entre outras. Ademais, proxectaranse pezas videocreación experimental de creadores galegos, e o ciclo minúsculo de "concertos para auriculares". A iniciativa xorde da colaboración entre a Cidade da Cultura e mais o Centro de Novas Tecnoloxias do Pico Sagro.
Sinsal organiza o primeiro encontro de enxeñaría cultural
Xénero:
| 9 / 3 / 2011AP-9. Enxeñaría cultural é o título do encontro que organiza o Festival Sinsal na Coruña os vindeiros 8 e 9 de abril. A proposta pretende explorar as últimas tendencias en xestión cultural atendendo a cuestións como a busca de financiamento para proxectos, as posibilidades das novas tecnoloxías ou o traballo en rede. De xeito paralelo, o Festival organiza unha extensión no garaxe de Expocoruña centrada en propostas musicais de carácter experimental. Diva Dompé, Fm Eiheit e Massimo Pupillo, Live Footage ou Raime son algunhas das propostas que se poderán contemplar ao vivo no evento.
A crise sonora
Xénero:
| 15 / 2 / 2011Hai apenas unha semana, a banda Ataque Escampe anunciaba, mediante un comunicado a súa intención de “decrecer”. Deste xeito, os membros do grupo encargaranse da produción e da xestión integral do que será o seu cuarto disco. Segundo explicaban, son tempos duros para os proxectos musicais en Galicia, fundamentalmente por mor da crise e mais polas mudanzas nas políticas públicas de apoio ao sector. “Pensabamos que o noso proxecto corría á marxe das institucións e non era así”, sinalan no seu comunicado. Indagamos as causas que están detrás destas mudanzas do sector cun dos seus membros.
Mercedes Peón presenta o seu cuarto disco SÓS
Xénero:
| 15 / 12 / 2010…---… SÓS en código morse, é cuarto disco de Mercedes Peón e un punto de inflexión na súa carreira. Cos seus discos anteriores conseguiu situarse na escena world music a nivel europeo e co novo traballo, editado por Fol do grupo BOA, dá un paso máis como produtora, compositora e cantante, traspasando as fronteiras das músicas de raíz para situarse na vangarda musical. O tratamento do acústico como eléctrico e do eléctrico como acústico sitúana nunha esfera onde a súa proposta pode ter cabida en festivais como Sonar, Coachella ou Burning Man. Creado, tocado, producido e mesturado por ela mesma nos seus dez temas ...---..., é un exercicio de microcomposición, onde o resultado final, enténdese como unha superposición de capas e unha investigación incansable de novas formas de expresión. A artista foi elixida polo comité do Womex para presentar alí este traballo. O disco preséntase como unha edición limitada en caixa metálica serigrafada e distribuirase en Francia, Alemaña, UK, Bélxica, Holanda, Luxemburgo, Portugal, Dinamarca, Suecia, Noruega, Austria, Italia, Grecia e Xapón.
O Festival Sinsal leva as súas extensión ata Madrid
Xénero:
| 7 / 10 / 2010Naceu en Vigo, onde seguen fieis á fórmula de catro entregas ao ano, unha por cada estación. Co tempo foi creando unha “extensión” (sesións dun día) ao Salón Teatro de Santiago, despois ao Teatro Jofre de Ferrol (que se mantén) e agora acaba de anunciar que tamén chegará ata Madrid (Teatro Lara). A última edición do Sinsal 2010 conta con grupos como Seattle Master Musicians ou Bukkake xunto a Future Island (18 de outubro), e o triplete Daniel Carter, William Parker e Federico Ughi (18 de decembro). Os organizadores adiantaron que están a preparar un proxecto no Verbum (casa das palabras de Vigo) sobre as cancións qeu marcaron a vida da xente e sobre programas de radio desaparecidos.
Comeza o SINSAL 8
Xénero:
| 1 / 2 / 2010O Museo de Arte Contemporánea (MARCO) de Vigo acolle esta noite o concerto de Sunn O))) co que arrinca a oitava estación do Festival SINSAL. Canda ao grupo de black metal, actuarán a partir das 20:30 Eagle Twin. O programa do festival continúa con Bill Callahan o 18 de febreiro no Teatro Jofre de Ferrol e o 19 no Auditorio Caixanova de Vigo.
Kings of Convenience abren o Festival Sinsal Outono 2009
Xénero:
| 6 / 10 / 2009Malia a que faltan aínda por fechar algúns grupos e datas, a organización do Festival Sinsal presentou xa un adianto do que achegarán neste outono. Kings of Convenience serán os responsables de abrir a programación o vindeiro 3 de novembro en Vigo. Canda a eles, están confirmadas as presenzas de Bedroom Community (4 de novembro), The Dodos (17 de novembro) e de Emilio José. Antes destes concertos, os días 23 e 24 de outubro a Fundación Seoane da Coruña acollerá unhas xornadas sobre Ruído e Capitalismo. A organización promete máis datos do programa para os vindeiros días e novidades no evento de cara a 2010.
REPORTAXE
Guías para construír unha paisaxe
Data.Escoitar.org é unha iniciativa aberta que pretende recompilar a paisaxe sonora galega. Aprende cómo colaborar.