Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Os poemas de Jorge Cuña Casasbellas serven de base para o disco de Moloch

O TRíO FORMADO POR VIOLETA MOSQUERA, LAURA GARCíA E ANDRéS MARTíNEZ MUSICAN A OBRA DO VIGUéS

Os poemas de Jorge Cuña Casasbellas serven de base para o disco de Moloch

ALTERNATIVA | xaneiro 8, 2020

moloch_moloch.jpg

Baixo o nome de MOLOCH e cun primeiro disco do mesmo nome está unha banda formada pola metade de Bala, Violeta Mosquera (batería), Laura García (voz e guitarra), e Andrés Martínez (teclados e voz). Manexando unha atmosfera densa de rock progresivo e industrial o trío pon música aos poemas do desaparecido poeta vigués Jorge Cuña Casasbellas (Vigo, 1945 – Pontevedra, 2004) nun libro disco que leva ese mesmo nome, título dun dos catro poemarios que deixou escritos o autor. Baixo o paraugas da Fundación Cuña-Casasbellas, que mantén o legado do escritor, o trío comezou preparando unhas pezas para un acto de homenaxe e rematou creando un proxecto con entidade máis alá da situación e que agora ven de presentar nun libro disco con nove temas baixo o selo da propia fundación e de ArteCalavera, selo da escola estudo Bonobo de Pontevedra onde se gravou o disco.

datos do disco