Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A Coruña acolle as vangardas do Festival RESIS

O EVENTO COMEZA HOXE E OFRECERá OITO CONCERTOS E OUTRAS ACTIVIDADES ATA O 6 DE MAIO

A Coruña acolle as vangardas do Festival RESIS

ALTERNATIVA | abril 13, 2023

imaxe non dispoñible

Hoxe dá comezo na Coruña a sexta edición do Festival RESIS de Música Contemporánea e Artes Vivas, que ata o vindeiro 6 de maio ofrece un programa que inclúe artista de vangarda, gastronomía e diversas expresións artísticas. O concerto inaugural celebrarase hoxe no restaurante Árbore da Veira, a cargo da formación Arxis Ensemble, que interpretará obras de Rebecca Saunders, Sara Glojanaric e Yoko Ono. O vindeiro sábado, 15 de abril, o festival ofrece a estrea mundial da peza "Libro delle Immagini V", do coruñés Hugo Gómez-Chao, compositor residente en la Real Academia de España en Roma. Nacho de Paz dirixirá a Arxis Ensemble para est concerto que tamén incluirá a interpretación de obras de Beat Furrer, Alberto Posadas e Claudia Cañamero.

O Festival RESIS, creado no 2018 polo compositor coruñés Hugo Gómez-Chao é un evento artístico que se sustenta na integración de propostas musicais de vangarda co patrimonio e os espazos naturais da Coruña, achegando a música contemporánea á cidadanía. Conta co patrocinio do Concello d'A Coruña, Deputación Provincial, Xunta de Galicia e INAEM. Esta sexta edición ofrecerá ata oito concertos, dúas instalacións sonoras, unha proxección e un proxecto didáctico. A Casa-Museo Casares Quiroga , o Muncyt, Teatro Colón, Teatro Rosalía de Castro, Domus, Fundación Luis Seoane, Museo de Belas Artese a Igrexa de Santiago serán algúns dos espazos que acollan as actividades programadas este ano. Artistas como Marco Maril e Juan Lesta ou Xoan Xil participan desta edición xunto a outros da escena nacional einternacionald e vangarda.