Volve a experimentación sonora do Sinsal Outono
setembro 13, 2022
Os días 16 e 17 de setembro regresa a Vigo o Sinsal Outono, o ciclo de concertos intrinsecamente vinculados á experimentación sonora, á vangarda e á creación contemporánea nas súas múltiples expresións. Neste 2022 desenvolverase nun dos espazos de referencia do universo da investigación, creación, innovación e produción contemporánea no ámbito local, comarcal e galego, e que acompañou o desenvolvemento e proxección da propia Sinsalaudio ao longo destas dúas últimas décadas: o Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO). Sinsal Outono 2022 ofrecerá dúas noites ateigadas de experimentación e de visualización de propostas musicais contemporáneas con bandas e artistas chegadas de distintos puntos Madrid, Valencia e Portugal, grazas tamén á colaboración do Instituto Camoes. Dullmea, El Hijo, Luís Fernandes e Otro conformarán o cartel desta nova edición do ciclo.
Tamén che pode interesar:
- 13/ 6/ 2013 | Sinsal volve convocar o seu festival sen anunciar o programa
- 4/ 4/ 2012 | O Festival Sinsal chega á súa décima edición
- 6/ 10/ 2009 | Kings of Convenience abren o Festival Sinsal Outono 2009
- 17/ 9/ 2008 | O folk de Vic Chessnutt abre o venres o Outono Sinsal en Vigo
- 18/ 9/ 2007 | A innovación musical centra as últimas citas do festival Sinsal 2007