Ti estás aquí > Inicio / Xéneros / Alternativa
Música Alternativa
Triángulo de Amor Bizarro farán en liña o primeiro concerto de presentación dun disco novo
Xénero:
| 13 / 5 / 2020A banda Triángulo de Amor Bizarro, presentaba o pasado marzo o seu quinto disco, no medio do peche forzado polo Estado de Alarma. O traballo, de nome homónimo á banda dado do revés, oɹɹɐzıqɹoɯɐǝpolnƃuɐıɹʇ (Mushroom Pillow), levantara moitas expectativas e non defraudaba. Agora a banda, co soporte de SON Estrella Galicia, o proxecto musical da marca cerveceira ven de anunciar o que será o primeiro concerto regular de presentación dun disco desta etapa actual. O vindeiro sábado 16 de maio a partires das 13:00 horas poderá verse un concerto coa banda ao completo nas plataformas dixitais de SON Estrella Galicia (YouTube, Facebook, Instagram e Twitter), no que interpretarán en exclusiva e por primeira vez en directo, os temas do novo álbum. Ademais o formato ofrecerá arranxos e instrumentación diferentes aos do disco, adaptados ás características do espazo, o que fará da experiencia algo único.
O WOS Festival renuncia a facerse este ano cunha edición 'desvirtuada'
Xénero:
| 11 / 5 / 2020A sétima edición de WOS Festival x SON Estrella Galicia, programada para setembro de 2020 non terá lugar este ano, cando menos non do seu xeito e co programa musical e artístico habitual desta cita compostelá. O WOS, programará só a unha data centrada nun foro de encontro de reflexión, a súa área de pensamento e discurso. A promotora Work On Sunday, organizadora do evento ven de comunicar esta decisión tomada no marco do contexto actual. "Non consideramos adecuado contratar nin anunciar artistas, senón que cremos que debemos centrar o foco do proxecto no seu papel como foro para o discurso e o pensamento, e poñer sobre a mesa a pregunta de como o que estamos a vivir cambiou e vai cambiar as nosas vidas", din desde a empresa organizadora. Proximamente anunciarán a data desa única intervención, que ademais de presencial como cada ano tamén poderá seguirse en liña.
Triángulo de Amor Bizarro dánlle unha volta ao seu son para ser eles mesmos
Xénero:
| 23 / 3 / 2020O quinto disco de Triángulo de Amor Bizarro sae para non deixar a ninguén impasible e consegue soar diferente a todos os seus anteriores discos e aínda así soar máis a TAB que nunca. Con este álbum de nome homónimo á banda dado do revés, oɹɹɐzıqɹoɯɐǝpolnƃuɐıɹʇ (Mushroom Pillow) o grupo do Barbanza ven de presentarse este pasado 20 de marzo con 12 temas redondos, nos que leva o seu particular son a percorrer melodías pop, electrónica, rock indie, industrial e o shoegaze que é marca da casa.
Os poemas de Jorge Cuña Casasbellas serven de base para o disco de Moloch
Xénero:
| 8 / 1 / 2020Baixo o nome de MOLOCH e cun primeiro disco do mesmo nome está unha banda formada pola metade de Bala, Violeta Mosquera (batería), Laura García (voz e guitarra), e Andrés Martínez (teclados e voz). Manexando unha atmosfera densa de rock progresivo e industrial o trío pon música aos poemas do desaparecido poeta vigués Jorge Cuña Casasbellas (Vigo, 1945 – Pontevedra, 2004) nun libro disco que leva ese mesmo nome, título dun dos catro poemarios que deixou escritos o autor. Baixo o paraugas da Fundación Cuña-Casasbellas, que mantén o legado do escritor, o trío comezou preparando unhas pezas para un acto de homenaxe e rematou creando un proxecto con entidade máis alá da situación e que agora ven de presentar nun libro disco con nove temas baixo o selo da propia fundación e de ArteCalavera, selo da escola estudo Bonobo de Pontevedra onde se gravou o disco.
Osa do Mar confirma edición e avanza cartel
Xénero:
| 8 / 1 / 2020O festival Osa do Mar de Burela, ven de adiantar unha parte do seu cartel e confirmar as datas da súa vindeira edición. O evento, un dos poucos festivais gratuítos de música independente e alternativa, resiste co seu modelo entre o acénao de festivais de verán e celebrarase de novo na localidade lucense arredor da praia da marosa da que sacan o seu nome os días 14 e 15 de agosto. Once nomes de banda de moi variados estilos chegan neste primeiro anuncio da organización do festival e entre elas hai moitos grupos da escena musical galega. Así pasarán polo Osa do Mar o combo caboverdiano- burelán Batuko Tabanka & Bando Krioula e tamén están os composteláns Blanco Palamera e Ezetaerre, os muradáns The Rapants, os coruñeses The Wonderminds e o vigués Sen Senra. Ademais deles actuarán en Burela unha das bandas máis populares da música alternativa independente como Derby Motoreta's Burrito Kachimba, os madrileños KITAI, Parquesvr, Grande Amore e Grande osso.
O WOS festival anuncia os primeiros nomes de cartel da sexta edición
Xénero:
| 17 / 7 / 2019A pasada edición, a quinta, do WOS Festival foi recoñecida polos European Festival Awards como mellor festival indoor de Europa en 2018. A sexta edición do compostelán WOS Festival x SON Estrella Galicia comeza agora a súa conta atrás presentando xa dez artistas do seu cartel. O festival, que este ano terá lugar entre o 11 e o 15 de setembro, volverá situar a Santiago como epicentro da exploración contemporánea e a creatividade de vangarda, enchendo a cidade durante cinco xornadas con preto de medio centenar de actividades distribuídas en diferentes espazos, todos eles a pouca distancia da catedral. Os dez primeiros nomes que integran o cartel desta sexta edición do festival manteñen a liña do WOS de presentar vangardas artísticas que nalgúns casos transcenden o propiamente musical e inclúen ao veterano Drew McDowall (Coil), presentando unha reinterpretación da obra referencial do drone Time Machines xunto ás visuais en directo da artista Florence To; ás djs Elena Colombi (NTS) e Olivia man a man aos pratos; as presentacións dos novos traballos de Rafael Antón Irisarri; Gazelle Twin presentando o seu novo álbum, Pastoral, publicado en setembro de 2018, Eli Keszer e Mary Lattimore; ao artista revelación Bendik Giske, un artista e saxofonista queer que usa a corporalidade, a vulnerabilidade e a resistencia como ferramentas de expresión; aos británicos Vels Trio; ao dúo británico-galego Harrga, o proxecto Miguel Prado (Nzumbe) e Dali de Saint Paul (EP/64, Viridian Ensemble e DSC), e á pianista catalá Marina Herlop. Os espazos inclúen dous museos, dous teatros, unha igrexa do século XVIII, edificios de arquitectura contemporánea singular, o mercado municipal de abastos, dúas salas de concertos e unha sala de cinema independente, entre outros lugares destinados a crear experiencias únicas para audiencias reducidas.
O Melona Fest de Santiago abre hoxe a súa cuarta edición
Xénero:
| 3 / 4 / 2019O colectivo La Melona, promotora e selo discográfico, abre hoxe o programa da cuarta edición do Melona Fest en Santiago. Este evento de música alternativa ofrece concertos, sesións e outras actividades culturais espalladas por varios locais e recintos da capital galega, sete en total, ata o vindeiro sábado día 6. Como prólogo inaugurábase o pasado sábado 30 de marzo a exposición de White Collective na Casa do Matadoiro. Hoxe ás 17:00 horas abrirá o programa desta nova edición a proxección no club Riquela da longametraxe "neoquinqui" Criando ratas (2016) do cineasta e compositor Carlos Salado. A presentación oficial deste Melona Fest 4 terá lugar alí mesmo ás 21:30 horas seguida Riquela dun espectáculo audiovisual a cargo de Live Pixel, o proxecto da artista visual Marta Verde e o artista multimedia Juanma Lodo. En total serán case vinte concertos e varias sesións de Dj con nomes como Soledad Vélez, Pantis, Pony Bravo, Blanco Palamera, Trifulca, etc. Neste contexto Nico Casal estrea o seu primeiro disco o 5 de abril baixo o título Alone, unha obra que trata de conxugar a vangarda co clásico e que supón un punto de inflexión creativa e un momento de resolución artística. Ademais o programa ofrece o Encontro entre voluntariado e iniciativas culturais: motivacións e metas do voluntariado da USC, obradoiros e conferencias.
O Vº Esmorga Fest de Sarria presenta cartel completo
Xénero:
| 21 / 1 / 2019A quinta edición do Esmorga fest de Sarria ven de presentar o seu cartel completo para os vindeiros 15 e 16 de marzo. O evento independente de música alternativa dá con esta presentación unha demostración do seu bo estado de forma e da súa consolidación. Unha das bandas revelación do panorama estatal Toundra, exerce de cabeza de cartel na xornada inaugural xunto a Lagartija Nick eo Carolina Durante. En total son máis de vinte os nomes que xa compoñen o cartel, cos días de actuación de cada un asignados desde o primeiro momento. A lista desta edición ofrece un repaso completo de bandas alternativas chegadas de todo o Estado. As bandas viguesas Voltáica e Seda e as propostas electrónicas do tamén vigués Pálida e PV3000, xunto coas sesións a cargo de Gutigattuso & Solofolar Djs representarán á escena galega. O menú para o Vº Esmorga Fest o completan Perro; Za!; Apartamentos Acapulco; Sierra; Ànteros; Tuya; El Lado Oscuro de la Broca; Dûrga; Bestia Bebé; Juanita Dinamita; Amor Germanio; Ladrillo y Mujer e Don Gonzalo. Para ir quecendo motores, o sábado 23 de febreiro terá lugar o "Guateque de presentación do Esmorga Fest" no Mercado Street Food de Lugo cos concertos das bandas Berta Franklin e Thee Blind Crows.
Chicharrón presentan o novo disco 'Cancións clínicas'
Xénero:
| 14 / 11 / 2018A banda carballesa Chicharrón saca este mes o que é so terceiro traballo delonga duración Cancións clínicas (Prenom, 2018). No seu formato físico o disco preséntase nunha edición limitada de 200 copias en CD, nunha carpeta de dimensións semellantes ás dun vinilo 7". O disco foi producido por Rubén Domínguez e gravado e mesturado por Ibán Pérez no Estudio Terraforma. Once temas conforman este novo traballo no que a banda liderada por Alberto M. Vecino (ex- Franc3s) transita moito máis pola electrónica que nos seus anteriores discos malia que xa había unha transformación neste sentido en Postal(Prenom, 2016) respecto ao seu disco de debut Chicharrón(Prenom, 20149 o traballo máis acústico e pop da banda, que hoxe en día conforman seis compoñentes. A atmósfera neste novo disco é máis escura e agresiva que nos anteriores e mesmo con temas como Que máis dará? apuntan cara o garaje mentres que noutras entran no tecno-punk ou mesmo o krautrock. Como xa fixeran en a banda presentan todas as letras do disco en galego, escritas todas por Alberto M. Vecino agás No seu despregar, poema de Gonzalo Hermo titulado orixinalmente O dó. Moitos dos títulos presentan unha actitude inquisitiva en forma de preguntas a contestar como o que abre o disco Qué maís nos queda por dicir?, nun tema que afonda na decepción e na ausencia de sentimentos, presentando unha intimidade case apocalíptica.
Esmorga Fest pon en marcha a súa quinta edición
Xénero:
| 8 / 11 / 2018O Esmorga Fest, festival independente de música alternativa, ven de confirmar unha nova edición e os primeiros nomes para o seu cartel. A que será a quinta edición deste evento de Sarria celebrarase na fin de semana do 15 e 16 de marzo de 2019. Xurdido dun crecemento orgánico dunha celebración particular anual para a que ían contratándose bandas indies, o Esmorga Fest incorpora un ano máis nomes de referencia na escena alternativa e nesta ocasión os tres primeiros nomes son os da banda madrileña de rock instrumental Toundra, o cuarteto murciano Perro e a formación posthardcore vasca Ànteros. O festival xa comezou a poñer a venda os primeiros abonos a prezos reducidos.
REPORTAXE
Guías para construír unha paisaxe
Data.Escoitar.org é unha iniciativa aberta que pretende recompilar a paisaxe sonora galega. Aprende cómo colaborar.