Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O WOS Festival renuncia a facerse este ano cunha edición 'desvirtuada'

O EVENTO OFRECERá EN SETEMBRO UNHA úNICA XORNADA CUN ENCONTRO DE REFLEXIóN QUE SE RETRANSMITIRá EN LIñA

O WOS Festival renuncia a facerse este ano cunha edición 'desvirtuada'

ALTERNATIVA | maio 11, 2020

imaxe non dispoñible

A sétima edición de WOS Festival x SON Estrella Galicia, programada para setembro de 2020 non terá lugar este ano, cando menos non do seu xeito e co programa musical e artístico habitual desta cita compostelá. O WOS, programará só a unha data centrada nun foro de encontro de reflexión, a súa área de pensamento e discurso. A promotora Work On Sunday, organizadora do evento ven de comunicar esta decisión tomada no marco do contexto actual. "Non consideramos adecuado contratar nin anunciar artistas, senón que cremos que debemos centrar o foco do proxecto no seu papel como foro para o discurso e o pensamento, e poñer sobre a mesa a pregunta de como o que estamos a vivir cambiou e vai cambiar as nosas vidas", din desde a empresa organizadora. Proximamente anunciarán a data desa única intervención, que ademais de presencial como cada ano tamén poderá seguirse en liña.

Desde Work On Sunday apostan por unha actitude de reinicio reflexivo ante a situación crítica para a cultura e non renuncian a manexalo desde a ilusión dun cambio a mellor: "As crises obrígannos a replantexarnos que consideramos importante e cales son as nosas prioridades, revisar se estabamos a vivir a nosa vida de acordo a como queremos vivila. Fórzannos a poñer en perspectiva as cousas que nos ocupaban e preocupaban, e a confrontar o individual e particular co colectivo e global. Aínda que son dolorosas e poden ser traumáticas, compartimos a idea de que poden conter un reverso beneficioso e poñer en marcha cambio e transformación". Ademais desde a organización renuncian explicitamente a facer “unha versión rebaixada” da experiencia do WOS. "Para nós, o achegamento físico, a comuñón entre artistas e asistentes, e a integración de todas estas persoas no tecido urbano, é un dos alicerces fundamentais do evento", aseguran. Se a edición non pode garantir es experiencias tal e como se estaba a levar a cabo renuncian a "vender un subproducto diluído, desvirtuado, moi por baixo desa proposta sincera e entregada que é o principal activo que WOS ten que achegar".