Ti estás aquí > Inicio / Xéneros / Alternativa
Música Alternativa
O festival Sinsal retoma edición de outono en Vigo
Xénero:
| 21 / 9 / 2018O Festival Sinsal SON Estrella Galicia de outono botará a andar en Vigo os días 6 e 7 de outubro retomando así a súa variante outonal engadida agora á súa estabilizada cita na Illa de San Simón en xullo. O Museo do Mar de Galicia será o escenario o sábado 6, mentres que os estaleiros Freire e Cardama, na fachada marítima de Bouzas, acadarán o seu protagonismo o domingo 7. A nova edición combinará concertos de balde e de pago con actividades complementarias gratuítas para toda a familia. O programa ofrece sons de Galicia, Taiwán, Brasil, Islandia ou Andalucía.
WOS Festival presenta unha edición de cambio de publico
Xénero:
| 3 / 9 / 2018A poucos días de comezar e co cartel practicamente pechado Iván Arias presentou hoxe o programa da Vª Edición do WOS Festival recoñecendo que este ano o evento busca renovar o seu público e aposta por un cambio diferenciador na súa traxectoria a través do seu deseño artístico nese sentido, malia que signifique renunciar a parte da súa anterior masa de asistentes. O director do WOS Festival apoiou así a proposta consciente deste ano na que non hai cabida para músicas do rock ou do punk e se reforza substancialmente toda a oferta de música electrónica e de vangarda na busca dun "nicho de público" que representa unha oportunidade diferenciadora na oferta peninsular de festivais. Cun orzamento de entre 110 e 120 mil euros está apoiado por varias institucións públicas presentes no acto (Concello de Santiago, Deputación da Coruña, AGADIC e Cidade da Cultura) e empresas privadas como Estrella Galicia.
WOS Festival engade oito artistas para a súa quinta edición
Xénero:
| 29 / 8 / 2018O WOS festival de Santiago, a cita urbana coa música alternativa, ven de confirmar oito novos nomes ao seu cartel para esta quinta edición que dará comezo o vindeiro día 12 de setembro. Paul Jebanasam & Tarik Barri, Group A, The Bug ft. Miss Red e Gábor Lázár son algúns dos nomes confirmados nesta tanda e cos que o cartel do WOS Festival x SON Estrella Galicia chega xa aos 24 artistas, e non se descartan novas incorporacións nos vindeiros días. O festival contará tamén coa performance sonora 100 Keyboards, creada polo artista Asuna Arashi, talento da arte sonora e a vangarda xaponesas; a chelista Lucy Railton; o proxecto da artista de descendencia grega Christina Vantzou e o norteamericano John Also Bennett, CV & JAB; e para rematar a novísima RRUCCULLA. Os oito nomes sumados seguen demostrando a firme vontade do evento de presentar en Santiago de Compostela e en Galicia formas artísticas ao redor da música electrónica e a exploración avaladas polo rotundo recoñecemento de público e prensa fóra das nosas fronteiras. Con este novo anuncio, o festival deixa practicamente pechado o seu cartel de concertos e nos próximos días publicará os programas de cinema e encontros.
O IV Festival Metamovida reúne á escena musical alternativa
Xénero:
| 21 / 11 / 2017O colectivo artístico Metamovida celebra este sábado en Compostela o seu IV Festival reunindo unha representación importante da música alternativa independente e máis "underground" do país. A Sala Malatesta acollerá os concertos de Bala, Trilitrate, diola, Pálida e a Orquestra Metamovida, banda colectiva de improvisación, de entre 12 e 20 músicos, conducida con membros de Cró!, BALA, diola, Trilitrate, IGMIG, Es Un Árbol, Nostoc, Zamaramandi e novas asociadas que fan de cada aparición algo único. O festival comezará ás 12:30 da mañá no Bar Embora coa actuación de Paulo Pascual Castro aka Modulador de Ondas, que dará un concerto de theremín aberto ao público. A sesión da Sala Malatesta é con entrada que pode adquirirse de xeito anticipado no sitio web do colectivo ou en varias localidades en Liceo Mutante, Honky Tonk Discos, A Reixa Tenda ou Discos Portobello
A nova edición do 'Vello,raro, novo' do MAC xa ten programa
Xénero:
| 20 / 11 / 2017O Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa (MAC) da Coruña inicia el vindeiro día 2 de decembro, en colaboración con Sinsalaudio, a nova programación do ciclo de música e coleccionismo Vello, raro, novo que leva facendo desde 2014. O ciclo ten o compromiso de achegar artistas internacionais e propostas inéditas, que non adoitan formar parte dos circuítos habituais. O programa abarca, ademais da música en directo, o campo do coleccionismo musical como conexión entre o museo e a cidadanía. Nesta edición do ciclo o MAC acollerá os directos de Alexis Taylor (Gran Bretaña), El último vecino (España) e Amiina (Islandia). O británico abrirá o ciclo o 2 de decembro ás 21 horas, o 18 de xaneiro será o concerto da banda española El Último Vecino e haberá que agardar a febreiro, o día 14 para ver ás islandesas Amiina. Vello, raro, novo pretende abrir así o museo á expresión contemporánea artística desde a música. As entradas, por un prezop de 5 euros por sesión, xa están dispoñibles na recepción do MAC e en Discos Portobello así como na plataforma dixital de ABanca.
Selvática presenta o seu terceiro disco 'Seres Abisales'
Xénero:
| 11 / 7 / 2017Movéndose entre Brasil e Vigo, Selvática veñen de sacar á rúa o seu terceiro disco . A banda, formada como dúo en Río de Janeiro no 2014 por Manu G. Sanz e Paula Vilas, emigrados galegos en Brasil, e a maiores con Israel Ruíz (baixo); Luismi G. Almuíña (guitarra) e Daniel Nicolás (batería) gravouentre outubro e novembro os 12 temas de Seres abisales (Discos de Kirlian/Orphan Records, 2017) no estudio Terraforma de Hío, producidos por Ibán Pérez. Á hora de compoñer apostan por cancións directas sen unha fórmula específica, nas que se poden combinar todo tipo de sons. Na súa música pódense distinguir ecos post-punk mesturados cun punto pop, guitarras surfeiras e ritmos africanos.
Das cinsas de Unicornibot xorde con forza Diola
Xénero:
| 6 / 6 / 2017Toño Magariños, Álex Gayoso e Gon Goitia forman Diola. Todos eles estiveron antes en Unicornibot, unha das bandas do colectivo La Metamovida, de referencia no auxe da música alternativa e independente da man en Galicia nos pasados anos. Os pontevedreses seguen apostando polo eclecticismo sonoro e o rock de experimentación con elementos electrónicos e guitarras distorsioadas e punzantes e sen renunciar a estribillos repetitivos e a enganchar tamén os ouvidos coas súas letras cheas de sarcasmo. Están a defender nestes días en directo o seu primeiro disco, homónimo da banda, gravado co selo BCore Disc. O disco, que pode escoitarse de balde e tamén está a venda nos formatos físico e dixital, ofrece dez temas gravados e mesturados en La Cortina Roja de A Coruña. A banda está estes días en directo xirando por salas e estarán o vindeiro día 17 de xuño no festival Surfing The Lérez de Pontevedra e tamén están confirmados para o festival portugués Milhões de Festa.
O XI Festival Alternativo Millo Verde ofrecerá case vinte concertos en tres días
Xénero:
| 6 / 6 / 2017A Asociación Cultural Millo Verde xa ten todo preparado para unha nova edición do seu Festival Alternativo, e será a undécima, que esta semana encherá de música e actividades Redondela. Cunha nova localización an punta da Praia de Cesantes do municipio pontevedrés, o festival ofrecerá entre xoves e sábado once actuacións diferentes de grupos maioritariamente galegos con dúas bandas de Portugal , outra de Alemaña e unha británica. O evento, de acceso libre, ofrecerá ademais outras actividades como xa é habitual: teatro, obradoiro de danza africana, campionato de baloncesto 3x3, gymcana, graffiti, etc. Por segundo ano, organizarase unha recolleita de alimentos non perecedoiros durante os tres días do festival para axudar aos máis desfavorecidos e que este ano será entregada á Fundación Provincial Banco de Alimentos.
O festival Fa Ce La Fest de Lugo comeza esta semana a segunda edición
Xénero:
| 16 / 5 / 2017O festival urbano de música Fa Ce La Fest celebra este an o a súa segunda edición cambiando as súas datas radicalmente. Se o pasado ano a primeira cita deste evento tivo lugar en dous días de setembro este ano será esta mesma semana cando unha representación da música alternativa se poderá escoitar en varios escenarios e durante tres días. Un total de 14 grupos, de nivel internacional, nacional e galego, actuarán do 18 ao 20 de maio e o Círculo das Artes súmase este ano aos escenarios do Clavicémbalo, do Mercado Street Food e do Ho Gruf de Campo Castelo. Na rolda de prensa de presentación desta segunda edición o organizador do festival, Celes Muinelo apuntou a diferenza entre esta segunda edición coa anterior: "O ano pasado foi un festival pequeno, pero este é o momento de medrar e de seguir crecendo con grupos de calidade". Muinelo fixo un percorrido polas actuacións que forman o programa deste festival, destacando ao australiano Steve Smyth no que será o primeiro concerto que dará en Galicia; os franceses Willis Drummond e os portugueses Birds Are Indie. A representación galega correrá a cargo dos grupos Bala, Bulto, Puma Pumku e Esposa, mentres que completan o programa os lucenses Kimuru, dos máis consolidados e con maior afección en Lugo; GSI e Montelouro, con integrantes das xa extinguidas Isla Bikini e Holywater, que se estrea neste festival. O programa o completan coa representación nacional a cargo de Pablo Und Destruktion; os navarros Kokoshca e os zamoranos El Lado Oscuro de la broca; os madrileños Biznaga.
Triángulo de Amor Bizarro saca un EP para coleccionistas
Xénero:
| 24 / 4 / 2017A partir de Barca Quemada, unha das cancións máis coñecidas do seu aclamado disco Salve discordia (Mushroom Pillow, 2016), Triángulo de Amor Bizarro ven de sacar co mesmo selo un E.P. con catro temas. Ademais da mencionada Barca quemada esta novidade discográfica dos barbanzáns, inclúe tamén un tema inédito, Barco de Oro; a versión en galego do clásico popuilar saído das Bahamas The John B.Sails que teñen versionado Johnny Cash ou Beach Boys e que agora TAB nos trae co título A Cantiga de Juan C como todo unha homenaxe á súa propia terra e pechan esta pequena obra cun “cover” da canción do grupo Hidrogenesse, Vuelve conmigo a Italia. O disco públicase en formato dixital e vinilo 10”, nunha edición limitada a 500 unidades e que aparece nun momento moi celebrado para a banda tras os numerosos recoñecementos por parte da crítica especializada e premios acadados con Salve Discordia.
REPORTAXE
Guías para construír unha paisaxe
Data.Escoitar.org é unha iniciativa aberta que pretende recompilar a paisaxe sonora galega. Aprende cómo colaborar.