Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O IV Festival Metamovida reúne á escena musical alternativa

A SALA MALATESTA ACOLLERá O SáBADO OS CONCERTOS DOS GRUPOS DESTE COLECTIVO ARTíSTICO

O IV Festival Metamovida reúne á escena musical alternativa

ALTERNATIVA | novembro 21, 2017

imaxe non dispoñible

O colectivo artístico Metamovida celebra este sábado en Compostela o seu IV Festival reunindo unha representación importante da música alternativa independente e máis "underground" do país. A Sala Malatesta acollerá os concertos de Bala, Trilitrate, diola, Pálida e a Orquestra Metamovida, banda colectiva de improvisación, de entre 12 e 20 músicos, conducida con membros de Cró!, BALA, diola, Trilitrate, IGMIG, Es Un Árbol, Nostoc, Zamaramandi e novas asociadas que fan de cada aparición algo único. O festival comezará ás 12:30 da mañá no Bar Embora coa actuación de Paulo Pascual Castro aka Modulador de Ondas, que dará un concerto de theremín aberto ao público. A sesión da Sala Malatesta é con entrada que pode adquirirse de xeito anticipado no sitio web do colectivo ou en varias localidades en Liceo Mutante, Honky Tonk Discos, A Reixa Tenda ou Discos Portobello