Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Das cinsas de Unicornibot xorde con forza Diola

O GRUPO ESTARá PRESENTANDO O SEU PRIMEIRO DISCO NO SURFING THE LéREZ

Das cinsas de Unicornibot xorde con forza Diola

ALTERNATIVA | xuño 6, 2017

not_27558.jpg

Toño Magariños, Álex Gayoso e Gon Goitia forman Diola. Todos eles estiveron antes en Unicornibot, unha das bandas do colectivo La Metamovida, de referencia no auxe da música alternativa e independente da man en Galicia nos pasados anos. Os pontevedreses seguen apostando polo eclecticismo sonoro e o rock de experimentación con elementos electrónicos e guitarras distorsioadas e punzantes e sen renunciar a estribillos repetitivos e a enganchar tamén os ouvidos coas súas letras cheas de sarcasmo. Están a defender nestes días en directo o seu primeiro disco, homónimo da banda, gravado co selo BCore Disc. O disco, que pode escoitarse de balde e tamén está a venda nos formatos físico e dixital, ofrece dez temas gravados e mesturados en La Cortina Roja de A Coruña. A banda está estes días en directo xirando por salas e estarán o vindeiro día 17 de xuño no festival Surfing The Lérez de Pontevedra e tamén están confirmados para o festival portugués Milhões de Festa.

datos do disco
diola.
diola, 2017