Esmorga Fest pon en marcha a súa quinta edición
novembro 8, 2018
O Esmorga Fest, festival independente de música alternativa, ven de confirmar unha nova edición e os primeiros nomes para o seu cartel. A que será a quinta edición deste evento de Sarria celebrarase na fin de semana do 15 e 16 de marzo de 2019. Xurdido dun crecemento orgánico dunha celebración particular anual para a que ían contratándose bandas indies, o Esmorga Fest incorpora un ano máis nomes de referencia na escena alternativa e nesta ocasión os tres primeiros nomes son os da banda madrileña de rock instrumental Toundra, o cuarteto murciano Perro e a formación posthardcore vasca Ànteros. O festival xa comezou a poñer a venda os primeiros abonos a prezos reducidos.