O Vº Esmorga Fest de Sarria presenta cartel completo
xaneiro 21, 2019
A quinta edición do Esmorga fest de Sarria ven de presentar o seu cartel completo para os vindeiros 15 e 16 de marzo. O evento independente de música alternativa dá con esta presentación unha demostración do seu bo estado de forma e da súa consolidación. Unha das bandas revelación do panorama estatal Toundra, exerce de cabeza de cartel na xornada inaugural xunto a Lagartija Nick eo Carolina Durante. En total son máis de vinte os nomes que xa compoñen o cartel, cos días de actuación de cada un asignados desde o primeiro momento. A lista desta edición ofrece un repaso completo de bandas alternativas chegadas de todo o Estado. As bandas viguesas Voltáica e Seda e as propostas electrónicas do tamén vigués Pálida e PV3000, xunto coas sesións a cargo de Gutigattuso & Solofolar Djs representarán á escena galega. O menú para o Vº Esmorga Fest o completan Perro; Za!; Apartamentos Acapulco; Sierra; Ànteros; Tuya; El Lado Oscuro de la Broca; Dûrga; Bestia Bebé; Juanita Dinamita; Amor Germanio; Ladrillo y Mujer e Don Gonzalo. Para ir quecendo motores, o sábado 23 de febreiro terá lugar o "Guateque de presentación do Esmorga Fest" no Mercado Street Food de Lugo cos concertos das bandas Berta Franklin e Thee Blind Crows.