Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Triángulo de Amor Bizarro farán en liña o primeiro concerto de presentación dun disco novo
Triángulo de Amor Bizarro farán en liña o primeiro concerto de presentación dun disco novo
maio 13, 2020
A banda Triángulo de Amor Bizarro, presentaba o pasado marzo o seu quinto disco, no medio do peche forzado polo Estado de Alarma. O traballo, de nome homónimo á banda dado do revés, oɹɹɐzıqɹoɯɐǝpolnƃuɐıɹʇ (Mushroom Pillow), levantara moitas expectativas e non defraudaba. Agora a banda, co soporte de SON Estrella Galicia, o proxecto musical da marca cerveceira ven de anunciar o que será o primeiro concerto regular de presentación dun disco desta etapa actual. O vindeiro sábado 16 de maio a partires das 13:00 horas poderá verse un concerto coa banda ao completo nas plataformas dixitais de SON Estrella Galicia (YouTube, Facebook, Instagram e Twitter), no que interpretarán en exclusiva e por primeira vez en directo, os temas do novo álbum. Ademais o formato ofrecerá arranxos e instrumentación diferentes aos do disco, adaptados ás características do espazo, o que fará da experiencia algo único.
Tamén che pode interesar:
- 28/ 6/ 2023 | TAB reflexionan sobre o éxito en SED
- 16/ 12/ 2021 | A folktrónica de Baiuca aspira a mellor disco estatal do 2021
- 17/ 6/ 2021 | 'Néboa' gaña co seu primeiro disco o Premio MIN ao álbum en galego
- 3/ 2/ 2021 | 15 grupos e artistas da escena independente reinventan o último disco de TAB
- 19/ 1/ 2021 | Triángulo de Amor Bizarro obtén o seu segundo Premio Ruído