Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Unha xornada e un documental recuperan a figura do trobador Martín de Padrozelos

A QUENLLA PUBLICA UN DISCO CON DEZ TEMAS DO CONSIDERADO PRIMEIRO TROBADOR GALEGO

Unha xornada e un documental recuperan a figura do trobador Martín de Padrozelos

ANTIGA | novembro 26, 2019

trobador_no_caminho_a_quenlla.jpg

Sarria acolle o vindeiro 30 de novembro a xornada Trobador no Camiño. Andares pola lírica de Martín de Padrozelos, un encontro que quere reivindicar a figura do está considerado o primeiro trobador do país. A iniciativa conta cunha mesa redonda na que Lois Celeiro, José Martinho Montero Santalha, Baldomero Iglesias, Xulio Pardo de Neyra e Dulce Fernández Graña abordarán esta figura do século XI e a súa importancia na lírica medieval galego-portuguesa. O proxecto, promovido pola Asociación de Xornalistas e estudosos do camiño de Santiago inclúe tamén a proxección dun documental do mesmo nome que a xornada, no que Xoán Piñeiro percorre as paisaxes vencelladas a este personaxe histórico.

A recuperación do legado de Martín de Padrozelos complétase, no marco desta mesma iniciativa, co lanzamento do disco Trobador no camiño, o que o grupo A Quenlla interpreta as dez cantigas conservadas do trobador, nove delas cantares de amigo e unha de amor. O grupo presentará este lanzamento cun concerto no remate da xornada do día 30.

A iniciativa conta co apoio do programa O teu Xacobeo e mais coa colaboración dos Concellos de Sarria, Samos e O Incio.

datos do disco